Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O clube Penedo gaña o campionato galego de Slalom en Dumbría

O clube Penedo gaña o campionato galego de Slalom en Dumbría
marcos-sanchez-slalom-dumbria Marcos Sánchez subiu ao podium na categoría K1 cadete masculina O clube Penedo de Caldelas de Tui foi o gañador do campionato galego de Slalom en Augas Bravas celebrado a pasada fin de semana no campo de Slalom de O Couquiño, en Dumbría. O CDM Piragüismo Dumbría foi terceiro por clubes, non tendo, coa excepción de Lorena Costa, a súa mellor xornada de competición. Pola súa banda, Lorena Costa volveu a ser a mellor na categoría K1 Cadete, e mesmo marcando tempos para ser podium na categoría absoluta. "Tivo unha competición bastante cómoda a pesar de non acabar de sentirse a gusto con como deslizaba o barco nas augas do río Xallas", tal e como sinalan dende o clube dumbriés. lorena-slalom Lorena Costa foi a mellor da categoría k1 Cadete feminina Tamén na categoría K1 cadete, pero masculino, Marcos Sánchez subíu ao podium, quedandose fora de él o gran favorito para o triunfo, Jorge Quintáns, que se encontrou con unha penalización que o deixaba fora dos postos de cabeza. Tamén nesta categoría Brais Pérez e Francisco Romar competiron a moi bo nivel. O outro favorito para subir ó chanzo máis alto do podium era Iago Canosa na categoría K1 senior. O caso é que despois de romper o seu barco nunha competición fai apenas unha semana, tivo que competir nun barco prestado, non acabando de lograr a súa mellor prestación, e tendo que conformarse co segundo posto, so por detras de Axel Afonso, do Club Tea. Ademais foi bronce no C1 senior, onde se clasificou apenas un segundo por diante do seu compañeiro de equipo Marco Oreiro. Finalmente na competición de patrullas, a formada por Jorge Quintáns, Marcos Sánchez e Brais Pérez si que fixo valer a súa condición de favorita, e acadou o título galego. Esta patrulla é unha das máis claras opcións a título para os Campeonatos de España que se disputarán dentro dun mes en Sabero, León, a que ven sendo a vindeira cita do CDM Piragüismo Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios