Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Denuncian unha obra abandonada no centro de Laxe dende 2005

Obra abandonada no Centro de laxe
Obra abandonada no Centro de laxe
Denuncian unha obra abandonada no centro de Laxe dende 2005

Dende 2005 leva esta obra, sita na rúa Villa Amparo, 26, de Laxe, paralizada. En plena zorna urbana, é un incordio para a veciñanza, pero ademais supón unha barreira arquitectónica para as persoas con mobilidade reducida. Así llo traslada o grupo de Unidas Podemos Laxe ante a Concellería de Infraestruturas e Mobilidade e á Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

A obra conta no medio da beirarrúa cunha base dun guindastre que dificulta o paso de calquera peón, incumprindo a Lei 15/2003 do 2 de decembro de 2003, así como o compromiso adquirido polo equipo de goberno en Decembro de 2019 para a eliminación de barreiras arquitectónicas tras participar na actividade “percorridos solidarios polos concellos da Costa da Morte" que realizan as asociacións Íntegro e Aloumiños.

Lamentan que haia na vila un "solar actualmente en condicións insalubres, entrando ratos nos edificios adxacentes".

Por todo isto, esixen medidas urxentes para solucionar a situación.

Obra no centro de laxe abandonada

Comentarios