Martes. 07.05.2024
El tiempo

Os padeixeiros costeiros prepararon en Salvaterra a Copa de España de Slalom

Os padeixeiros costeiros prepararon en Salvaterra a Copa de España de Slalom

Boa participación costeira na 2ª Copa de Slalom, celebrada o pasado sábado na localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño. O CDM Piragüismo Dumbría colleitaba 6 medallas, mentres que os mazaricáns do Sen Siras celebraban un gran 4º posto por equpos.

Xa se preparan os dous clubs para a Copa de España de Slalom que se disputará a vindeira fin de semana na canle olímpica de La Seu D´Urgell. A proba pirenaica será selectiva para entrar nos equipos nacionais de cara as vindeiras citas internacionais, polo que os nosos se esforzarán ao máximo. Estarán Jorge Quintáns do Sen Siras (o resto de padeixeros non poden por diversos motivos), mentres polo club municipal dumbriés, acodirán os palistas Iago Canosa, Lorena costa, Marco Oreiro, Kiara Martinez, Brais Perez, Miguel Castro e Marcos Sanchez.

 

O Sen Siras, 4º por equipos en Salvaterra

Antia do Sen siras Antía Loira do Sen Siras en Salvaterra

O piragüismo Sen Siras regresou cuns excelentes resultados de Salvaterra. Un 4º posto na clasificación por clubs, no que os Teixugos acadaron a primeira praza, o Tea de Mondariz a segunda e o Penedo a terceira posición. O Rió Tea, no coñecido coma Rápido do Cordeiro, presentaba un aspecto excentente, cun bó caudal de auga e cun trazado realizado digno por difucultade dunha Copa de España. Pero a proba retrasouse dúas hora e media por conta de agardar a que chegara a ambulancia, obrigatoria en tódalas probas, polo que finalmente, en vez de dúas mangas, realizouse soamente unha, final directa. Un percorrido bonito, marcado polo técnico da FEGAPI Ekhi Díez, complicoulle a vida os participantes con menos experiencia e fixo as delicias dos máis experimentados.

A padexeira Antía Loira lograba imporse no K1 sénior logrando a primeira posición na categoría absoluta feminina, non podendo facer a baixada en canoa, onde partía como unha das favoritas para facerse ca primeira praza, por conta do retraso e ter que marchar a facer un exame.
Jorge Quintáns mandou no K1 infantil con solvencia, como ven sendo habitual, o padexeiro do Sen Siras, que leva todo curso concentrado no CGTD, está a remar cun nivel moi superior o dos seus rivais. En canoa tamén conseguiu subir ao podio cun terceiro posto, algo moi meritorio tendo en conta que so se sube neste tipo de embarcación nas competicións.
Aarón Rey logrou unha medalla de prata no k1 sénior logo dunha proba especialmente dura, a que asistiu sen durmir logo de traballar no torno de noite, polo que non puido render ao nivel de sempre, a pesar diso rematou na segunda posición despois do padexeiro do Tea Axel Afonso.
Javier Trigo, que ultimamente só sube ao barco para competir, os estudos universitarios non lle permiten facelo máis, logrou unha meritoria 5ª posición no k1 sénior.
Eloy Pereira rematou en onceava posición en k1 cadete, onde pagou a falta de experiencia nun percorrido con moitas 'trampas' que non lle permitiron facelo todo ben que sabe.
Tamén asistiron a proba como abridores Martín Fernández e Óscar Pereira, facendo un gran traballo, como parte da súa preparación para cando cheguen as categorías superiores.

 

Seis medallas para os deportistas do CDM Piragüismo Dumbría

Lorena Costa do CDM Piraguismo Dumbria en Salvaterra Lorena Costa do CDM Piragüismo Dumbria en Salvaterra

6 medallas para os dumbrieses. A primeira medalla chegou da man de Marco Oreiro. O canoista sigue camiño da súa mellor forma, pero os seus estudos universitarios na Coruña lle impiden poder entrenar máis. Mesmo así, o segundo posto acadado nesta proba indica que aproveita os entrenos os que pode acudir.
Kiara Martinez acadou o primeiro posto no K1 xuvenil femenino, pero neste caso o realmente importante foi o feito de que competise moi liberada de presión. Mesmo así a súa manga era mellorable, e non rematou a deportista coruñesa moi contenta do seu rendemento.
Pola súa banda Lorena Costa fixo unha manga excelente. A nova moza berdeoguesa becada no Centro Galego de Técnificación Deportiva rendiu nun gran nivel, alcanzando a segunda plaza despois de erro que a deixou fora da final na primeria proba en Covas. Lorena demostrou unha gran evolución e vai dar que falar nas probas de Copa de España.
O mazaricán Brais Pérez foi a sorpresa agradable na xornada. Subía ó terceiro chanzo do podium a apenas un segundo da posición de plata despois dunha manga moi seria na liña do seu traballo nos últimos meses.
E canto á categoría Infantil, Marcos Sánchez Cancela demostrou por que é o Campión de España Infantil en título, facendo unha manga impecable que lle levou a marcar un tempo co que lle endosaba máis de 20 segundos o segundo clasificado da súa categoría. Aínda estamos nun momento moi temprano da súa preparación, pero xa está demostrando que está dando os pasos axeitados de cara ó verán, que é cando de verdáde terá que rendir.
Pola súa banda Xiana Castro subía por primeira vez ó terceri chanzo do pódium demostrándose a ela misma que ten máis slalom do que ela mesma pensa. Posiblemente esta proba sexa moi importante para afianzar a súa confianza de cara a vindeiras probas.
O resto da representación dumbriesa estaba formada por Miguel Castro, Cristian Gonzalez e María Canosa, palistas bastante inexpertos ainda nas lides da competición, e de aí que se viran sorprendidos por un percorrido que era bastante máis esixente do que a vista parecía.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • CDM Piragüismo Dumbría.
  • Sen Siras.

Comentarios