Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Os Orzamentos do Concello de Zas reducen o gasto en persoal

  • As contas saíron adiante cos votos a favor do BNG e coa abstención do PP e do PSOE
Orzamentos Concello de Zas 2024
Os Orzamentos do Concello de Zas reducen o gasto en persoal

A Corporación Municipal aprobou no Pleno Extraordinario celebrado esta mañá de luns os orzamentos do 2024 coa absetención do PP e do PSOE. Deste xeito o Concello de Zas dispón para este exercicio dun orzamento de 6.800.051,06€; o maior da historia e que medrou en máis dun 26% con respecto aos do 2022, que foron os últimos aprobados.

“Estes son uns orzamentos contidos nos que facemos un especial fincapé no gasto social”, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. A este capítulo o Concello de Zas adica máis do 21% do orzamento total o que supón case 1.500.000€. Unha porcentaxe que segundo o rexedor “é
superior ao que adican outros municipios da zona cun maior número de habitantes”.

Nos orzamentos para este ano destaca a redución en gastos de persoal; un 16,63% menos que nos do ano 2022 e incrementouse notablemente o gasto en Inversións Reais que supoñen o 24,16% dos orzamentos e que se traducen en 1.643.227,19€.

Comentarios