InicioDEPORTESO oleirense Manuel Fernández López prepara o asalto á proba europea Cabreiroá...

O oleirense Manuel Fernández López prepara o asalto á proba europea Cabreiroá Junior Pro Razo-Caión

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A vindeira fin de semana, do 21 ao 24 de setembro, as praias carballesas acollen a Cabreiroá Junior Pro Razo-Caión. Unha proba da Liga Europea Cabreiroa Junior Pro Razo-Caión, na que competirán os 150 mellores surfistas sub20 do continente.

Entre eles teremos varios representantes coruñeses, que aspiran a estar moi arriba. É o caso de Manuel Fernández López (Santa Cristina, Oleiros, 2004). O ano pasado xa quedou de 13º na mesma proba celebrada en Doniños, e o seu palmarés invita a soñar con cotas máis altas. Con 16 anos xa quedou campión galego absoluto e é gañador dos últimos 3 anos Open Galego absoluto; ten gañado varias probas do circuito nacional (en Asturias, Murcia, na Lanzada…), e mesmo ten conseguido o Campionato de Euripa junior coa Selección Española.

Surf na sangue

Manuel empezou con 5 anos, subindo á táboa na praia de Bastiagueiro seguindo os pasos do seu irmán, Juan. Un Juan (1998) que a día de hoxe é unha referencia en materia de ondas grandes a nivel internacional. “Juan empezou cando tiña 9 anos, e eu ía á praia a velo e quixen probar tamén”, explica. “Iamos a Bastiagueiro ao principio, pero tamén ás praias da zona de Arteixo, Barrañán…

Pasaron os tempos e agora, co Bacharelato rematado, e tras pasar un ano sabático (viaxando e surfeando por Sudáfrica, Marruecos, Portugal, Azores…) vén de comezar unha nova aventura: matriculouse nunha Enxeñería na Universidade e Ferrol.

Pero non colgará a táboa, dende logo, e sempre que pode aproveita para visitar as súas praias fetiche.
“Agoras as miñas praias favoritas son as de Razo-Baldaio, pero tamén as da parte de Ferrol, Doniños, Esmelle e Pantín”. O que por agora non lle tira tanto é a rama das ondas xigantes que practica o seu irmán. “De momento non, é un mundo moi diferente, hai que entrenar moito mais físico. Si que me gustan as olas potentes, pero non tanto…”

Referentes e rivais

Recoñece que entre os seus referentes de sempre está o galego de Nigrán Goni Zubarreta, o mellor surfista galego de todos os tempos, “ogallá chegase eu a onda el”. “A nivel estatal, o mellor é Aritz Aramburu, o único que chegou á máxima liga, e a nivel mundial fíxome moito nun brasileiro, Gabriel Medina.

Manuel Fernández Lopez surfeando

As probas de Razo

“As miñas expectactivas son intentar pasar algunha ronda e estar entre os 15 primeiros, pero hai moitísimo nivel, e igual que pasas dúas roldas como quedar na primeira”, explica.

Ademais, na previa da proba europea, xusto o día 20 hai campionato galego, e os dous primeiros conseguen pase para o evento internacional. Na poba galega junior terá como principais rivais o tamén coruñés Sebastián Baahamonde, o vigués Iván Rod. E cando lle preguntamos sobre os seus rivais principais na categoría absoluta, bromea sinalando ao seu propio irmán: “xa lle gañei no último galego”, sinala entre risas.

Consellos

A todas aquelas familias que están comezando no san mundo das ondas, “aconsellaría non parar de ir durante todo o inverno a Bastiagueiro, onde sempre hai boas ondas para aprender. Tamén hai boas ondas por Arteixo, tes Sabón ou Barrañán, que co porto exterior, cambiou a praia pero veulle mellor ao mundo do surf, xa que se forma unha onda moi boa preto do dique. Por Ferrol, son ondas máis potentes… ao mellor da Esmelle cara o lado dereito, na zona que se chama O Vilar. Pero sobre todo hai que botarlle todas as horas que se poida, e se vai avanzando e mellorando. E o máis importante, vaste enganchando”.

ÚLTIMAS

Yolanda Díaz anuncia que visitará A Coruña para promover a redución da xornada laboral

A líder de Sumar, Yolanda Díaz, puxo o foco en acometer canto antes a...

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

Atopan mortas en menos de media hora a dúas persoas de idade avanzada na Coruña

Dúas persoas de idade avanzada foron localizadas mortas nos seus domicilios en menos de...

Dous detidos na desarticulación dun punto de venda de cocaína e haxix nun piso de Arteixo

Dúas persoas foron detidas na desarticulación por parte da Garda Civil dun punto de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here