Martes. 07.05.2024
El tiempo

Ferroatlántica renova o seu compromiso cos clubes de volei e piragüismo de Dumbría

Ferroatlántica renova o seu compromiso cos clubes de volei e piragüismo de Dumbría
Os técnicos do concello de Dumbría asistiron á firma do convenio de colaboración Os técnicos do concello de Dumbría asistiron á firma do convenio de colaboración Carlos Oliete, director da zona noroeste do grupo Ferroatlántica, e José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría, veñen de firmar un ano máis dous convenios de colaboración a través do cales a compañía renova o seu compromiso co CDM Piragüismo de Dumbría e co Volei Dumbría, respectivamente. No que respecta á colaboración co CDM Piragüismo de Dumbría, o acordo permítelle ao clube deportivo o desenvolvemento da súa actividade ao longo de todo o ano cubrindo así os gastos de desprazamentos locais, rexionais, nacionais e internacionais (a lugares como Francia, Andorra ou os Pirineos) derivados das competicións nas que participa. A boa marcha do equipo queda patente nos premios que obtén campionato tras campionato. O último foi o de Mondariz no que quedou en segundo posto. Pola súa parte, o acordo de colaboración co Volei Dumbría, que arrastra moi bos resultados no que vai de tempada, posibilita ao clube levar a cabo a promoción das escolas deportivas que forman parte do mesmo, desde banxamíns ata senior, ademais do desenvolvemento dun proxecto para impulsar o volei feminino, unha das prioridades do clube nestes momentos. No acto estiveron presentes Carlos Oliete, director da zona noroeste de Ferroatlántica; José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría; Raúl González, concelleiro de Deportes do municipio dumbriés; María Agulleiro, tenente de alcalde; Quique Portela, entrenador do CDM Piragüismo de Dumbría e Guruz Larrañaga, entrenador de Volei Dumbría. Carlos Oliete destacou "o enorme orgurllo que para Ferroatlántica supón a colaboración constante, ano tras ano, con clubes deportivos da comarca en xeral e de Dumbría en particular. Sempre cremos na importancia de fomentar os valores do deporte dende as bases, entre os máis novos e este convencemento é o que nos move para seguir impulsando o desenvolvemento do deporte na nosa contorna máis inmediata". Fonte

Comentarios