Domingo. 19.05.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Baio volve complicarse á salvación

Ivan Fraga no Union-Baio-Foto-Luis Gonzalez
Javi Souto no Unión-Baio-Foto-Luis Gonzalez
1ª Galicia: O Baio volve complicarse á salvación

Carrusel de emocións que vive o Baio neste treito final de temporada. A semana pasada sacaban a cabeza, pero esta semana, a derrota en Rianxo ante un dos de arriba e a vitoria do Agolada en Fisterra (non está tendo sorte o Baio coas axudas dos veciños costeiros) deixan ao cadro baiés a 3 da salvación a falta de 2 xornadas.

Polo demais, ao San Lorenzo escapóuselle un puntiño que case lle significaba a salvación definitiva. Pero terá o domingo que vén un choque ante o Agolada no que pode certificar a permanencia e facerlle un favor ao Baio.

Os que si selaron a permanencia foron os xogadores da Esteirana, que sumou un punto (puideron sen 3) ante o Bertamiráns, tras unha temporada moi positiva.

Unión - Baio (3-0)

11 do CD Baio en Rianxo_Foto-Luis Gonzalez
11 do CD Baio en Rianxo_Foto-Luis Gonzalez
  • Baio: Javi Souto, Pablo Rod., Norberto, Pazos, Sergio, Chechi, Dani, Bieito, Josiño, Porty e MC. Tamén: Iván Fraga, Bruno, Diego Santancier, Jairo, Alex Muíño e Guille Botas.
  • Goles: 1-0, m.21: Carollo; 2-0, m.36: Isma Cerqueiras; 3-0, m.72: Pouso.
Bieito no Union-Baio-Foto-Luis Gonzalez
Bieito no Union-Baio-Foto-Luis Gonzalez

Non foi quen de competir o Baio en Rianxo, froito da realidade vivida durante todo ano, cun equipo moi novo. E iso que na primeira parte estiveron ben asentados os de Félix e sen sufrir ocasións claras, pero no único tiro que tiveron os locais, desde 30 metros, chegou 1-0.

Na segunda froito de non estar actualmente en condicions e mermados individualmente, conseguiu o 3-0 o union sen apenas esforzo.
”A seguir e intentar ser honrados e responsables ata último partido. Moi difícil situacion pero debemos agotar todas as opcións”, apura o adestrador Félix Raposo.

Union-Baio-Foto-Luis Gonzalez 2
Porty no Unión-Baio-Foto-Luis González

San Lorenzo - Flavia (2-3)

  • San Lorenzo: Puyol, Manuel Mato, Lucho, Pablo Garrido, Iago, Alex Costa, Riki, Alberto Campos, Diego Varela, Javi e Juanjo. Tamén: Benja, Quin, Lucas, Jonathan e Hugo Canedo.
  • Goles: 1-0, m.44: Juanjo de penalti; 1-1, m.47: Pedro Giménez; 2-1, m.51: Iago; 2-2, m.55: Damián Otero de penalti; 2-3, m.76: Adán Vara.

Competiu con todo o Flavia a pesar de non xogarse nada nas Pedreiras. Na primeira metade puido adiantarse a balón parado pero era o cadro de Lapido o que o facía ao fío do descanso cun tanto dende os 11 metros.

Non soubo manexar o tempo do partido o cadro local, e o Flavia empataba, Iago volvía adiantar aos seus, pero o segundo empate fixo moito dano, cando parecía que os carballeses o tiñan dominado. Pero as gañas de gañar e selar a permanencia provocou que o partido rompera e se volvera un ida e volta, e nesa lotería venceron os padroneses.

“É certo que se se está facendo longa a temporada pero estamos a un partido, dependemos de nós mesmos e temos que ir a por todas”, recoñece o míster Miguel Lapido.

Esteirana - Bertamiráns (1-1)

  • Esteirana: MJ, Kevin Rial, Damián, Tobío, Code, Adrián, Pachi, Oli, Piki, Kevin Lariño, Rober Pladur. Tamén: Martín Rama, Uxío, Alex Louro, Brais Noceda e Elías.
  • Goles: 0-1, m.24: Julio Díaz; 1-1, m.29: Rober Pladur.

Foi superior o cadro de Néstor durante todo o partido, sobre todo nunha primeira parte na que tivo varias xogadas de gol, como unha falta dende a frontal, un longueiro… Pero nunha acción illada, tras unha perda de balón no medio campo o Bertamiráns se adiantaba no único tiro a gol case que do partido. Os visitantes quedaban con 10 á media hora pola expulsión do meta local por unhas mans fóra da área. E aí empataba Pladur para os locais, se ben mereceron algún tanto máis.

Na segunda, o balón era dos locais, pero non conseguían xerar ocasións ante un equipo moi metido atrás, e conscientes de que o Baio, que marca a salvación, estaba caendo en Rianxo, tampouco forzaron a máquina, pois o empate valía para selar a salvación.

Fisterra - Agolada (0-2)

  • Fisterra: Joselu, Colombia, Breixo, Rubén, Aarón, Juan Lagoa, Juan, Mario, Adrián Makaay e Estévez. Tamén: Paulo, Lois, Andrés Vigo e Guille.
  • Goles: 0-1, m.5: Alexandre Villaravid; 0-2, m.47: Alexandre Villaravid.

Fisterra e Agolada en Ara Solis

Notouse quen se xoga algo e quen non, e iso que cadro fisterrán, que se vía fóra da Copa na xornada do mércores, competiu moi ben. Saíron co mellor que tiñan os de Lobelos, intentando competir da mellor forma pensando tamén no Baio e no San Lorenzo, e foron superiores, con máis ocasións, algunha mesmo de ata tres remates, que sempre se atoparon co meta visitante Íker Ferreira, o mellor do partido xunto con Villaravid, os dous alicerces do Agolada.

Dous goles ao comezo de ambas partes, aínda cos fisterráns fríos, metían de cara o choque para os visitantes, que pelexaron como xabatos, e se atoparon a un Fisterra que buscou, que arriscou, que o intentou ata o desconto, pero que están nun momento no que a pelotita non lles entra.

Dumbría - Praíña (2-3)

11 do Dumbria CF no Conco 2024

  • Dumbría: Anxo, Alex Sendón, Kanario, Brais, Alex Sánchez, Baba, Adrián Periscal, Miller, Lucas, Raúl e Dani Chao. Tamén: Pablo Paz, Rivi, Mataso, Alex, Goyes e Carlos.
  • Goles: 0-1, m.42: Gato; 1-1, m.57: Raúl; 1-2, m.85: Raúl; 1-3, m.88: Martín Pereira; 2-3, m.94: Baba.

Capis e colexiados no Dumbria-Praina

Fixo mellor partido o cadro de Pablo Conde que o Praíña, pero non estiveron moi seguros atrás, e sen facer demasiado, os visitantes fixeron 3 tantos. Os locais dominaron, e estiveron faltos de profundidade, e o choque non se decidiu ata o último suspiro.

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios