Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Case pleno para a familia do Volei Dumbría

Case pleno para a familia do Volei Dumbría
Cadete feminino do Volei Dumbria Cadete feminino do Volei Dumbría

Na derradeira xornada da primeira volta o equipo de Voleibol Dumbría acadou case un pleno de vitorias nos cinco encontros disputados.

1º División Senior

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Jealsa Boiro 3-2
  • Parciais: (25-23 / 26-28 / 25-23 / 17-25 / 15-13)

Vitoria moi sufrida dos seniors que loitaron ata o desempate para acadar o triunfo ante o equipo boirense que estivo pragado de erros máis ca de acertos.

1º División Xuvenil

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Jealsa Boiro 3-1
  • Parciais: (25-23 / 25-20 / 26-28 / 25-12)

Importante vitoria dos xuvenís que, pese a baixa do seu colocador Alberto Sampedro por lesión, contou coa intervención de Manuel Costa, colocador cadete, e puido gañar o partido con claridade no último set despois de estar moi igualado.

1º División Cadete

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Jealsa Boiro 1-3
  • Parciais: (20-25 / 25-18 / 23-25 / 17-25)

A única derrota da xornada foi a colleitada polos cadetes ante os líderes da clasificación. Pese a derrota o partido foi disputado e moi loitado.

1º División Infantil masculino

  • Resultado: Manuela Rial - Boiro 3-0
  • Parciais: (25-15 / 25-19 / 25-10)

Vitoria dos infantis do Colexio Manuela Rial con facilidade nun partido no que foi decisivo o saque do equipo local.

2º División Cadete feminino

  • Resultado:Dompa -Voleibol Dumbría 1-3
  • Parciais: (25-20 / 22-25 / 23-25 / 23-25).

Quinta vitoria consecutiva das chicas que tardaron en meterse no partido, pero unha vez superada esa primeira fase e centrarse acadaron unha merecida vitoria.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios