Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Nova fornada de empresas turísticas camiño do certificado de calidade SICTED

sicted cmat 2024
Nova fornada de empresas turísticas camiño do certificado de calidade SICTED

Un total de 45 empresas e servizos turísticos da Costa da Morte (casas de turismo rural, hoteis e pensións, apartamentos turísticos, albergues, restaurantes, artesáns/ás e comercios de artesanía, empresas de turismo activo, oficinas de información turísticas e museos) comezaron este luns 6 de maio as formacións do Sistema de Calidade Turística en Destino (SICTED). As novas entidades adheridas este ano no Ciclo 1 únense ás 35 xa certificadas o pasado ano, constituíndo un total de 80 servizos turísticos en formación e asesoramento continuo en xestión e calidade turística.

A sesión, organizada pola Asociación Turística da Costa da Morte (CMAT), grazas ao apoio de Turismo de Galicia e da Deputación da Coruña, tivo  Centro Sociocultural de Baio (Zas),

A meta das empresas é formar parte do SICTED e obter o distintivo de Compromiso coa Calidade Turística. A adheriuse en 2023 ao SICTED, un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo (Setur).


O presidente de CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muíño, e o secretario da CMAT e presidente da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), Pepe Formoso; foron os encargados de dar a benvida aos 45 novos establecementos adheridos.

Catherine García, da Secretaría Técnica de CMAT, xunto a Emilio Cuíñas, xerente da consultora Autoxiro, foron os encargados de aclarar aos novos adheridos que supón a incorporación ao SICTED e cales son os obxectivos principais do proxecto: “Ademais de elevar o nivel de calidade dos servizos turísticos da Costa da Morte, o SICTED é unha ferramenta moi potente que nos axuda a crear destino, ao achegamento e o traballo en rede dos profesionais do turismo do territorio, o mellor coñecemento da oferta turística e o fomento de novas oportunidades de colaboración”, subliñou

Catherine García. Pola súa banda, Emilio Cuíñas impartiu os primeiros módulos formativos do SICTED para estas 45 novas incorporacións, nas que deu a coñecer a súa metodoloxía e diferentes fases, así como a plataforma de xestión e os manuais de boas prácticas, que os establecementos irán implantando durante este 2024, a través de visitas individualizadas de consultores certificados.
Ademais, a CMAT ten previsto que os obradoiros colectivos obrigatorios que se impartan nesta anualidade, xiren en torno á celebración do VII Encontro Internacional Starlight, que terá lugar en Cee, a principios do mes de outubro de 2024.

Máis novas

Comentarios