Martes. 07.05.2024
El tiempo

A canteira do Piragüismo Dumbría demostra o seu potencial no Miño

A canteira do Piragüismo Dumbría demostra o seu potencial no Miño
Sara Fernandez e Aroa Pineiro do Piraguismo Dumbria no podio de Tui Sara Fernández e Aroa Piñeiro no podio de Tui

Era turno da canteira, despois de varias probas nas que os padexeiros máis experimentados deran conta da súa calidade. Desta volta, unha pequena expedición do CDM Piragüismo Dumbría desprazouse a Tui, para disputar nas augas do Río Miño o Trofeo Eurocidade. E se responderon os pequenos dumbrieses, acadando 5 medallas nesta proba fronteiriza.

Na categoría Benxamín, Sara Fernández e Aroa Piñeiro foron quen de subir ao podium ocupando o 1º e 3º chanzo. Na mesma categoría pero entre os rapaces, Xesús Cundíns foi 2º.

Dúas medallas máis se acadaron na categoría alevín, con Martín Fernández e Brais Cancela subindo ó podium no 3º posto, o primeiro na modalidade dos kayaks, e o segundo entre os canoistas.

Por último Alexia Canosa na categoría infantil femenina tívose que contentar 4º cuarto posto a apenas un segundo do podium.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios