Martes. 07.05.2024
El tiempo

Os padexeiros do Piragüismo Dumbría quedaron ás portas do Equipo Nacional

Os padexeiros do Piragüismo Dumbría quedaron ás portas do Equipo Nacional
Jorge Quintans en Le Seu-Foto-Lucas M Farrapeira Jorge Quintáns en Le Seu-Foto-Lucas M Farrapeira

Non lograron alcanzar as prazas para participar no Equipo Nacional de Slalom, pero os tres padexeiros do CDM Piragüismo Dumbría si que demostraron que se está no bo camiño, e que o debut dun deportista do CDM Piragüismo Dumbría no equipo nacional, de seguir así, é só unha cuestión de tempo.

Os campionatos selectivos celebrados en La Seu d´Urgell, en Pau, deixaron un sabor agridoce nos nosos deportistas, dado o bo, pero insuficiente papel para alcanzar a meta. Tanto Iago Canosa coma Jorge Quintáns ou Lorena Costa realizaron uns selectivos moi bos, e que invitan a ser moi optimistas de cara a futuras convocatorias.

Iago Canosa en Le Seu-Foto-Lucas M Farrapeira Iago Canosa en Le Seu-Foto-Lucas M Farrapeira

Iago Canosa loitaba polas plazas sub-23, era o mesmo tempo o que máis dificil o tiña, pero tamén o que máis posibilidades presentaba despois da primeira parte dos selectivos en La Seu d´Urgell. Con 19 anos era o máis novo dos participantes nos selectivos e nunha categoría que está tán igualada que por cuestion de segundos pasaba de estar nos postos de cabeza a estar máis retrasado. O final unha participación que aínda que este ano non foi exitosa, invita a ser optimista de cara a futuras citas.

En canto a Jorge Quintáns e Lorena Costa, tendo en conta que son cadetes de segundo ano, e que loitaban polas plazas contra deportistas xuvenís, o só feito de estar na segunda parte dos selectivos xa era un éxito, pero non se limitaron a iso. Rodaron sempre en postos intermedios, finalizando Jorge 6º e Lorena 5ª de entre os dez deportistas que pasaban á segunda fase en cada categoría, o que invita a ser moi optimistas de cara a futuras citas selectivas.

Lorena Costa en en Le Seu-Foto-Lucas M FarrapeiraLorena Costa en en Le Seu-Foto-Lucas M Farrapeira Lorena Costa en en Le Seu-Foto-Lucas M Farrapeira

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios