Martes. 07.05.2024
El tiempo

A mazaricá Andrea Pérez, Campiona Galega Absoluta de Piragüismo na casa

A mazaricá Andrea Pérez, Campiona Galega Absoluta de Piragüismo na casa
Andrea Perez en Olveira Andrea Pérez volveu e triunfou en Olveira

Segue medrando o piragüismo costeiro, e esta fin de semana, nos Campionatos Galegos de Slalom que se celebraban onte no campo de slalom de O Couquiño, en Olveira, Dumbría, deu un pequeno salto máis. A mazaricana Andréa Pérez Domínguez logrou onte o título galego na categoría K1 absoluta, completando unha gran actuación do equipo dumbriés, que quedou na 3ª praza por clubs.

Moito público nunha xornada soleada para disfrutar desta proba, aínda que unha brisa de nordés dificultaba o traballo dos deportistas o balancear lixeiramente as portas. Todo no marco dunha proba moi ben organizada polo CDM Piragüismo Dumbría, e que contou coa colaboración do Concello de Dumbría e da empresa Ferroatlantica, que non tivo problema en aportarlle o río Xallas o caudal necesario tanto para os entrenos coma para a celebración da proba.

Eran case que unha centena de deportistas os que competían representando os principais clubes de toda Galicia, e incluso se achegaron clubes portugueses para medirse os mellores deportistas galegos da modalidade olimpica do piragüismo de Augas Bravas.

Unha volta inmellorable

Andrea Perez no podio de Olveira Andrea Perez no podio de Olveira

Andrea retornaba á competición despois de finalizar os seus estudos universitarios e o facía pola porta grande, cunha victoria en casa que a corona como a mellor galega desta modalidade olimpica. Andrea estivo acompañada no podium polas padeixeiras do CD Miño Teixugos Marína Rueda e Laura Soutelo.

Marco Oreiro en Olveira Marco Oreiro en Olveira

Pero non foi esta a única medalla obtida polo club dumbries. O dumbriés Marco Oreiro lograba un fantástico bronce en C1 Absoluto so por detras de Marcos Fortes, do CP Penedo e o internacional Brais Castro do CD Miño Teixugos, un dos duelos máis esperados do campeonato.

Miguel Castro en Olveira Miguel Castro en Olveira

As outras medallas obtidas polo CDM Piragüismo Dumbría foron as de Miguel Castro, bronce en K1 xuvenil, e Lorena Costa, bronce na categoría Cadete e Xiana Castro, na categoría infantil.

Lorena Costa en Olveira Lorena Costa en Olveira

Na competición de patrullas, que so se celebra nos Campeonatos Galegos, a equipa formada por Miguel Castro, Cristian Martinez e Brais Perez tamén foi quen de subir ó podium no terceiro posto nun apretado duelo contra os equipos do Clube Tea, gañador final, e o CP Penedo que foi segundo.

Finalmente o CDM Piragüismo Dumbría subiu o podium por clubes ocupando o terceiro chanzo, sendo o Clube Tea de Mondariz o Campeón Galego por clubes, e o Clube Penedo de Caldelas de Tui o subcampión.

Patrulla do CDM Piraguismo Dumbria en Olveira Patrulla do CDM Piragüismo Dumbria en Olveira

Parón invernal

Esta competición pechaba a tempada do piragüismo galego, que se volverá a por en marcha a primeiros do ano 2017. O CDM Piragüismo Dumbria parará a súa actividade ata primeiros de novembro, onde comezará a súa pretemporada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios