Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Os pequenos do CDM Piragüismo Dumbría acadan sete medallas na copa galega de Promoción de Slalom

Os pequenos do CDM Piragüismo Dumbría acadan sete medallas na copa galega de Promoción de Slalom
piraguismo-dumbria Xesús Pena, do CDM Piragüismo Dumbría, nun momento da proba disputada a pasada fin de semana Os integrantes máis novos do CDM Piragüismo Dumbría acadaron sete medallas na proba inaugural da copa galega de Promoción de Slalom de Salvaterra de Miño. Catro - das seis medallas que se repartiron na categoría benxamín - viñeron para Dumbría. Na categoría femenina, doblete de Sara Fernandez, primeira, e Aroa Lopez, primeira e segunda na categoría femenina, mentres que Xesús Pena e Xián Caamaño foron primeiro e terceiro respectivamente na categoría masculina. Na categoría Alevín foron outras tres as medallas dos padeixeiros da Costa da Morte. Laura Caamaño foi a segunda clasificada na categoría Alevín femenina, mentras que Brais Sánchez Cancela fixo doblete logrando a victoria na modalidade de canoa, e subindo o segundo chanzo do podium co seu kayak. dumbria-piraguismo Na categoría benxamín feminina, Sara Fernández e Aroa López fixéronse co 1º e 2º posto O resto da delegación costeira tivo unha actuación moi prometedora, con detalles moi bos por parte de deportistas coma Xiana Castro e Alexia Canosa na categoría infantil, ou de Antía Mouzo, Ana Zuín, Borja Cives ou un lesionado Martín Fernandez que foi cuarto nos kayaks. A vindeira competición dos máis pequenos será o troféo Eurocidade que terá lugar dentro de algo máis dun mes na localidade pontevedresa de Tui.  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios