Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O PP de Muxía pide máis Muxianas

Valencianas coa Muxiana no Punto de Informacion TUristica de Moraime
Peregrinas valencias coa Muxiana, en 2019 cando estaba aberto o Punto de Informacion Turística de Moraime
O PP de Muxía pide máis Muxianas

Nas últimas semanas, os peregrinos que rematan o seu Camiño en Muxía marchan sen a súa Muxiana. Así o denuncia o PP da vila, que recolle as queixas do sector turístico da vila que por mor da falta de previsión do goberno local, non conta con estas prezadas credecenciais.

Entenden os populares que o feito de que non se estean expedindo "non deixa de ser un exemplo máis da deixadez, incapacidade e desinterese do goberno local polo sector turístico muxián o cal, dende o punto de vista dos populares, non conta con ningún tipo de apoio nin iniciativa de dinamización por parte do goberno local".

Entenden os populares que "o sector turístico é desprezado continuamente como recentemente pasou cando se tipo coñecemento do galardón outorgado por Booking a Muxía como localidade máis acolledora de España, premio este que se outorgou como mérito propio o goberno local sen facer sequera unha pequena mención a todos os que conforman o sector que son os verdadeiros artífices deste logro ademais dos propios veciños e veciñas de Muxía".

Piden así ao goberno local que "doten de Muxianas ao sector á maior brevidade xa que, por sorte, Muxía xa está recibindo centenares de persoas a diario".
 

Comentarios