Martes. 07.05.2024
El tiempo

6 medallas para o Piragüismo Dumbría na Copa Galega de Promoción de Slalom

6 medallas para o Piragüismo Dumbría na Copa Galega de Promoción de Slalom
Sara Fernández do Piragüismo Dumbría en Ribadumia Sara Fernández do Piragüismo Dumbría en Ribadumia

Tras varias competicións estatais, a familia do Piragüismo Dumbría volvía competir nunha proba da Copa Galega de Slalom. Desta volta tocaba en Ribadumia e ata alí foi unha pequena expedición costeira.

O río Umia levaba un caudal suficiente a pesar da falta de chuvias para debuxar unha serie de correntes e contras ideais para estas competicións dos máis pequenos.

O balance para o CDM Piragüismo Dumbría foi moi positivo, con dúas vitorias individuais, unha no K1 Benxamín femenino, para Sara Fernández, categoría onde Aroa Piñeiro foi terceira , e outra para Brais Sanchez, que se está mostrando coma o canoista a batir na categoría Alevín.
Finalmente Laura Caamaño e Xesus Cundíns subiron o segundo chanzo do podium.

A vindeira competición desta categoría son os Campionatos Galegos, que se disputarán en Dumbría o 16 de xullo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios