Martes. 07.05.2024
El tiempo

O concello de Malpica estuda a posibilidade de construír unha estacióndepuradora en Beo

O concello de Malpica estuda a posibilidade de construír unha estacióndepuradora en Beo
depuradora-beo-malpica O alcade de Malpica e o concelleiro de Obras e Servizos mantiveron onte unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Fernández, mantiveron onte unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, quen se comprometeu a estudar a posibilidade de construír unha nova estación depuradora de augas (EDAR) na parroquia malpicana de Beo. Parga aproveitou a reunión para presentarlle á conselleira este e outros proxectos para a mellora da rede de saneamento municipal, con especial atención ás zonas rurais do concello. Nesta liña, o rexedor malpicán tamén solicitou a colaboración da Consellería de Medio Ambiente para acometer a recuperación e mantemento da canalización do río Vigo, cuxa viabilidade valorarán os técnicos de Augas de Galicia.

Novas relacionadas

Fonte  

Comentarios