Luns. 06.05.2024
El tiempo

Dumbría foi o centro do volei nacional

Dumbría foi o centro do volei nacional
Imaxe do Campionato nacional de volei praia cadete no Ézaro Imaxe do Campionato nacional de volei praia cadete no Ézaro

Un ollo no Ézaro e outro nas Canarias. O Volei Dumbría tiña doble foco de atención esta fin de semana. Por un lado estiveron atentos á participación de Marco Lado e David Redonda no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 21 de Las Palmas. Mentres, na casa, o areal do Ézaro acollía o Campionato de España Cadete.

Campionato de España en Dumbría

Ambiente na praia do Ezaro para o Campionato de Volei Praia Cadete-Foto-Jorge Castro Ambiente na praia do Ezaro para o Campionato de Volei Praia Cadete-Foto-Jorge Castro

Máis de medio millar de persoas (só entre entre equipos participantes, delegacións e acompañantes) deixaron a súa pegada na comarca de Fisterra durante esta pasada fin de semana gracias a un novo evento deportivo deses que tan ben funciona como motor económico e como escaparate turístico. A proba nacional do volei praia encheu o areal do Ézaro cun gran ambiente. A pesar de que o tempo non foi mellor para atraer visitantes a Costa da Morte volveu converterse en epicentro do volei praia nacional acollendo unha das citas de maior envergadura para a canteira española. O título cadete arrincou o venres cos primeiros encontros e no día de hoxe decidíronse as eliminatorias das que sairán os campións de España 2017.

Equipo de Volei Dumbria cadete-Foto-Jorge Castro Equipo de Volei Dumbría cadete-Foto-Jorge Castro Fans de Sergio do Volei Dumbria O veciño local Sergio tivo club de fans no Ézaro-Foto-Jorge Castro

O equipo representante do Volei Dumbría estiveron moi ben arroupados polos seus veciños, sobre todo Sergio.

Finalmente o campión masculino foi o Arahal de Sevilla que venceu ao Laredo na final. En categoría feminina as do Unideba de Málaga vencían ao CVP Poniente Benidorm na final dominical.

 

Dous costeiros en Las Palmas

Marco Lado e David Redonda coa Seleccion Galega de Volei Praia en Las Palmas Marco Lado e David Redonda coa Seleccion Galega de Volei Praia en Las Palmas

Non tiveron sorte os Marco Lado e David Redonda no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 21. Pero a experiencia xa lles queda na memoria. Os costeiros non tiveron un gran comezo, e caían pelexando ata o derradeiro punto no primeiro encontro ante a parella madrileña Pino/Rangelov, en dous sets con parciais de 21-17 e 23-21.
Seguiron dando a talla no seguinte choque fronte os canarios Gallardo/Duque, pero o tie break decidiu á vitoria para ós das illas por apenas dous puntos de diferencia (21-18/20-22/13-15).
Xa o sábado, enfrontábanse á parella balear Ramón/Sánchez, outro partido complicado no que os galegos estiveron á altura pero non lles acompañou a sorte, caendo na morte súbita, por 2 sets a 1.
No cadro de consolación puideron finalmente resarcirse para rematar con vitoria o campionato (por 2-1 ante Cataluña) e obter a 13ª praza nacional.

As galegas Gladys Giráldez e Patricia González acadaron un meritorio 5º posto.

Marco Lado e David Redonda coa Seleccion Galega de Volei Praia en Las Palmas Marco Lado e David Redonda coa Seleccion Galega de Volei Praia en Las Palmas  

Novas relacionadas

Crónicas do Volei Dumbría

Comentarios