Martes. 07.05.2024
El tiempo

BNG e PSOE critican o uso electoral da MiniAutovía e o GALP por parte do PP

BNG e PSOE critican o uso electoral da MiniAutovía e o GALP por parte do PP
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asinando un convenio de colaboración para a coordinación de actuacións turísticas nas zonas do litoral de Galicia. Un acto tildado de electoralista pola oposición. A Coruña
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asinando un convenio de colaboración para a coordinación de actuacións turísticas nas zonas do litoral de Galicia. Un acto tildado de electoralista pola oposición.
Foto Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Un dos clásicos de cada campaña é aproveitar o poder das institución e os seus actos como propaganda electoral. Isto é o que denuncian hoxe BNG e PSOE sobre dúas accións dos membros da Xunta. É o BNG o que saca a Autovía a colación, cun dos feitos máis graves que se recordan. A Xunta, en plena campaña para as Xerais está levando a nenos de toda bisbarra a "coñecer as obras" no tren turístico de Cabana. Sinalan que ademais ser un claro exemplo de aproveitamento electoral, é un perigo para os cativos.

O BNG critica o uso da "MiniAutovía"

Viña cantado o da Autovía Costa da Morte, con moito tempo para pensar a estratexia. E coincidiu doblemente ben, pois a pesar de ser prometida hai máis dunha década, vaise abrir entre dúas campañas. Lembra o BNG o incumprimento reiterado de prazos dende 2008, ata mesmo ficar con media Autovía.

"Mais todo está pensado e calculado, e así, case 14 anos despois, e xusto antes dunhas eleccións xerais, a mini autovía serve para facer campaña electoral paseando a ducias de nenos e nenas e entregándolle un panfleto propagandístico para que lle leven os seus proxenitores".

Dende "o BNG Costa da Morte, e sen que nos resulte sorprendente o modus operandi, todo sexa dito, censuramos este xeito de obrar do Pp, e anunciamos que presentaremos nos concellos unha moción para Reclamar a Xunta Galiza que retome o proxecto inicial da autovía que chegaba a Berdoias, e remataba en Cée cun corredor e a execución da variante de conexión dende o final dese corredor, até o peirao de Brens".

 

O PSOE critica a sinatura das axudas do GALP

Paralelamente, onte a Xunta asinaba un convenio en Muxía de colaboración sobre axudas ao turismo arredor do GALP, coa presencia da Conseleira do Mar. O PSOE considera "estamos ante a firma dun Acordo cuxa organización e financiamento corresponde a un "poder público" (a Xunta de Galicia) que, ademais, non se realiza nas dependencias da Xunta e foi publicitada nos medios de comunicación, polo que ten unha connotación claramente electoralista e de ningún xeito pode enmarcarse na actividade ordinaria da Administración, máxime en plena campaña electoral. Por iso, este acto non debeu nunca haberse levado a cabo, ao non ser lícito facer ostentación de investimentos ou proxectos realizados ou a realizar, posto que iso non admite a crítica, nin a controversia nin respecta os principios do pluralismo político e igualdade de acceso", denuncia.

Novas relacionadas

Máis novas electorais

O Mirante: A previa das Eleccións Xerais 2015

Fonte

Comentarios