Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O PSOE da Costa Atlántica manifesta a súa preocupación pola deriva do partido

O PSOE da Costa Atlántica manifesta a súa preocupación pola deriva do partido
Manuel Valeriano Alonso Pichurri, alcalde de Camariñas e Félix Porto, alcalde de Muxía, forman parte da Comitiva do PSOE Costa Atlántica Manuel Valeriano Alonso Pichurri, alcalde de Camariñas e Félix Porto, alcalde de Muxía, forman parte da Comitiva do PSOE Costa Atlántica

Baixan as augas convulsas polo PSdeG-PSOE. Son moitas as voces discordantes coa dirección tralas novas imputacións do número 1 de Galicia, José Ramón González Besteiro. Voces ás que se unen os membros da Coordinadora Comarcal “Costa Atlántica” da Costa da Morte. Tralo amplo e sosegado debate que mantivo na reunión de onte, a agrupación quere manifestar “a súa profunda preocupación pola situación na que se atopa o PSdeG-PSOE”, que se concreta, entre outras, nas seguintes razóns:

  • a) Pola carencia dun proxecto político definido e recoñecible polos galegos e as galegas.
  • b) Pola carencia de obxectivos políticos e estratéxicos identificables e compartidos polo conxunto do Partido, que permita a presencia do PSdeG nos foros de debate e na creación de opinión pública.
  • c) Pola carencia de candidato/a á presidencia da Xunta de Galicia nun período en que poden ser convocadas as eleccións autonómicas en calquera momento.
  • d) Pola situación extremadamente vulnerable dos máximos órganos do Partido diante da situación xudicial en que se atopa o Secretario Xeral, que condiciona negativamente ao conxunto da organización.
  • e) Pola evolución do apoio e confianza dos electores que ten reducido ao PSdeG-PSOE á condición de terceira forza nas últimas eleccións xerais.

Así, piden “urxentemente mudar o rumbo e tomar medidas con carácter de urxencia”, e “para facer posible o cambio político nas próximas eleccións autonómicas”, solicitan que se convoque un novo Congreso Nacional e un proceso de primarias para elixir ao candidato ou candidata á presidencia da Xunta de Galicia”.

Dende a rúa xa se escoitan as peticións para que o ceense Francisco Caamaño sexa unha alternativa.

Fonte

  • PSdeG - PSOE Costa Atlántica.

Comentarios