Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O bipartidismo recupérase segundo o estudo demoscópico O Mirante do mes de setembro

O bipartidismo recupérase segundo o estudo demoscópico O Mirante do mes de setembro
Mirante-Estimacion distribucion de escanos setembro 2015

Os membros da Asociación Galega de Medios facemos unha nova ollada ao panorama da situación electoral gracias á interesante análise de Carlos Neira Cortizas. A través destes informes de “O Mirante”, que analiza diferentes enquisas de opinión a través dun complexo modelo estatístico, podemos saber, como se atopa a opinión pública sen ningún tipo de intereses polo medio.

Este mes de setembro, e a teor dos resultados das enquisas publicadas durante o último mes, notamos que as tendencias observadas desde as eleccións municipais de maio se reforzan e se acentúan. Consolídanse e aceléranse tanto a recuperación do bipartidismo como o declive das novas forzas emerxentes. Porén, estes movementos non son totalmente simétricos.

O PP suma claramente case todo o voto perdido por Ciudadanos (2 puntos porcentuais), unha sorte de transvase natural rexeitado só por uns poucos electores que optan por UPyD. En cambio o PSOE non logra sumar o que cae Podemos: uns poucos dos votantes que chegaron a sumar os de Pablo Iglesias diríxense agora a revivir IU, mais a maioría ficarían agora sen adscrición clara de voto. Os datos comezan a apuntar na dirección de que a alternativa de progreso ao bipartidismo non é xa un patrimonio tan claro de Podemos e si dun espazo electoral diverso e plural aínda por volver artellar: a confluencia, alias unidade popular. Con estas tendencias, a lei electoral penaliza cada vez máis a Podemos e Ciudadanos e premia a PP e PSOE. A única alternativa de goberno estable sería hoxe por hoxe ou a gran coalición ou como minimo un tripartito.

As sondaxes de ámbito estatal dos últimos 30 días reflicten tamén unha tendencia ao decrecemento nas forzas nacionalistas clásicas de Euskadi e Catalunya, aínda que débese ter en conta aquilo que lembramos unha e outra vez: son precisas enquisas de ámbito autonómica para calibrar axeitadamente o nivel de voto destas formacións. Tamén o nacionalismo canario retráese, consecuencia da escisión sufrida por CC, mentres que a media corrixida do BNG nestas sondaxes estatais permanece estable arredor dos dous terzos de punto.

Contrasta con esta lenta contracción co crecemento sostido de Compromís ou Geroa Bai, que se ben vén de vello cobrou un novo pulo coas pasadas eleccións autonómicas no País Valenciano e en Nafarroa. Nas estimacións deste mes asoma a formación rexionalista cántabra de Miguel Ángel Revilla cun resultado que lle podería outorgar un deputado no Congreso.

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios