Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O Mirante: PP e PSOE volven caer de cara ás Xerais de decembro

O Mirante: PP e PSOE volven caer de cara ás Xerais de decembro
O Mirante-Estimacion de Voto en outubro

Xa temos data para as Eleccións Xerais de 2015. O 20 de decembro será o día sinalado, e con esas miras analizamos o Mirante de Outubro, o completo estudo da estimación de voto realizada polo experto demoscópico  Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego.

Unha análise que deixa dous datos significativos: a entrada das CUP no Congreso dos Deputados, así como a baixada de PP e PSOE, que viñan recuperando posicións durante o verán.

Estudo de Carlos Neira

O Mirante-Estimacion de Escanos no Mirante de outubro 215

Tralas eleccións catalás publicáronse catro enquisas e unha estimación de gabinete sobre as eleccións xerais do mes de decembro. Salvo o desvío pro-PP da enquisa de NC Report/La Razón a tendencia é clara en todas elas: subida de Ciudadanos a custa das outras tres grandes forzas. Este crecemento demoscópico responde tanto a un efecto contaxio dos bos resultados dos de Albert Rivera en Catalunya como ás correccións que tras cada elección realizan os institutos que elaboran as enquisas.

Para o PP esta é a primeira caída desde o verán, anque se trata só de tres décimas. Para o PSOE é o primeiro retroceso desde abril, cando era patente o pinchazo de Podemos e o ascenso de Ciudadanos (o real, e non o adiantado polos medios do grupo PRISA). Con todo, o paso atrás é só dunha décima, e en rigor no seu caso só cabe falar de estabilidade demoscópica desde o verán. Podemos continúa a súa contracción constante desde a primavera, con apenas un pequeno rexurdir puntual previo ás eleccións municipais. Este mes déixase medio punto, o que significa que Podemos se sitúa ao mesmo nivel que inmediatamente despois das europeas do ano pasado.

Por detrás IU volve a repuntar lixeiramente, aproximándose do 5% do voto válido, volvendo a pór de manifesto que as súas subas, anque modestas, coinciden cos retrocesos de Podemos. UPyD volve a apuntar cara o cero porcentual, tamén en consonancia coa recuperación de Ciudadanos. De todas formas os de Díez e Herzog hai meses que están fóra do Congreso e a súa única virtualidade política será unha absorción ou un aval a Ciudadanos.

As eleccións catalás supoñen a aparición das CUP na escena estatal. As enquisas publicadas amosan que terían posibilidades de obter representación no Congreso se deciden concorrer ás xerais. No bloque do Junts pel Si semella que CDC sae fortalecida en relación a Esquerra. En Euskadi todo segue igual que o mes pasado, co PNV por diante de Bildu. As maiores novidades electorais lévanse producindo na veciña Navarra, onde Geroa Bai obtería un representante. En Galicia e Canarias as enquisas estatais tamén seguen devolvendo os mesmos números que en meses anteriores. Nunca se dirán veces abondas que para todos os partidos non estatais a representatividade das mostras e as estimacións resultantes baixan moitos enteiros en credibilidade.

O Mirante-Estimacion de voto para as Xerais 2015

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios