Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Vimianzo restaura a Cruz de Termo de Salto

CRUZ DE TERMO Vimianzo restaurada
Vimianzo restaura a Cruz de Termo de Salto
CRUCEIRO Reparada vimianzo 2
Así está o cruceiro de Reparada

O Concello de Vimianzo vén de rematar os traballos de reparación da cruz de termo no Careixo, na parroquia de Salto. Tamén se procederá á colocación no lugar orixinal despois dun intenso traballo de limpeza, restauración e unión das diferentes pezas.
Nun dos brazos realizouse unha complexa reestruturación que permitiu devolver esta peza ao seu estado orixinal, que antigamente eran colocadas nos camiños que anunciaban a entrada a outro lugar.

Posta en valor do patrimonio municipal dos cruceiros

Ademais, na xornada de onte procedeuse tamén á retirada do cruceiro de Reparada, en Salto, xa que na actualidade, tal e como sinala o encargado dos traballos, Benito Vilas, “mantense en pé de puro milagre”. Isto é debido a que a súa localización, nunha contorna moi concorrida, provocou que se despegase e quedara apoiado unicamente sobre un lado da súa base.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Vilas, o arqueólogo Tito Concheiros e o propio Vilas achegáranse nos últimos días ata o lugar para estudar a situación. Co obxectivo de garantir a súa integridade e evitar o risco de que caia, tomouse a decisión de retiralo.

 

 

Máis novas

 

Comentarios