Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Os chíos do mencer do Monte Cambeiro espállanse polas ondas da radiONeria

xoan-xil lopez-no monte cambeiro
Xoán Sil López no Monte Cambeiro
Os chíos do mencer do Monte Cambeiro espállanse polas ondas da radiONeria

Continúa en marcha o fermoso proxecto de recuperación da memoria arredor do Monte Cambeiro a pesar das ridículas acusacións da oposición. Faino esta fin de semana da man do colectivo Terra Creativa realizando unha "paisaxe sonora"  no singular espazo natural coa axuda do artista sonoro Xoan-Xil López.

Lembran que cada primeiro domingo de maio desde o ano 1987 celébrase todos os anos a nivel internacional “O coro do amanecer” onde unha gran cantidade de amantes dos paxaros xúntanse en distintas partes do planeta para experimentar esta sinfonía da natureza.

Así, despois de escoitar os chíos dos paxaros nun mencer, este domingo 5 de maio ás 7,30am comeza unha actividade que se propagará polas ondas da FM, a través da radio municipal de Corcubión.

A través da canle do Rego dos Sapos e dentro dos seus programas especiais, o domingo 5 de maio ás 7.30am sintoniza a frecuencia 107.8 FM ou pincha radioneria.blogspot.com e comparte a experiencia. Esta intervención terá lugar todos os días de maio á mesma hora en Radio Neria.

Máis novas

Comentarios