Sábado. 18.05.2024
El tiempo

As obras de abastecemento da Laracha rematarán este verán

A Laracha.- A Coruña
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, acompañada da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visita as obras de mellora do abastecemento da localidade.
03/05/2024
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, acompañada da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visita as obras de mellora do abastecemento da localidade. Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
As obras de abastecemento da Laracha rematarán este verán

Das máis importantes que pode haber nos nosos concellos son as obras de saneamento e abastecemento. De aí que resaltemos a boa nova dos avances das obras de mellora da rede de abastecemento do Concello da Laracha. 

Unha completa comitiva autonómica e municipal visitaban as obras, destacando que as obras solucionan a falta de presión nalgunhas zonas e de capacidade de almacenamento, de cara a facer fronte á demanda de auga na época estival e a dar servizo no futuro ao parque empresarial.

Deste xeito, esta primeira fase de actuacións inclúe a construción dun novo depósito de auga potable con capacidade para 2.300 m3, que permitirá o almacenamento de auga para unhas 24 horas de consumo. A maiores, executaranse un novo bombeo entre a estación de tratamento de auga potable de Gabenlle e ese novo depósito, así como dúas novas redes de condución -unha por impulsión entre a ETAP e esa nova instalación, e outra por gravidade entre ese punto e a infraestrutura xa existente-.

Esta actuación supón un investimento de 1,85 millóns de euros, cofinanciado pola Xunta, a través de Augas de Galicia, e o Concello da Laracha. Ademais, tamén conta con financiamento dos fondos REACT-UE do Programa operativo Feder Galicia. 
 

Comentarios