Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Volven a Carnota os Mercadillos de troco tradicionais

Mercadillo troco carnota
Volven a Carnota os Mercadillos de troco tradicionais

Cunha ambición medioambiental e social, o Colectivo Carnota volve á carga organizando un Mercadillo de Intercambio+Troco. Este sábado 27 de abril, de 17:00h a 20:00h e o vindeiro 1 de xuño, e Espazo das AC Lirachiñas acollerá esta cita para levar e cambiar calzado, roupa, xoguetes libros… todo o que se non necesitedes pero que pode ter outra vida noutro fogar.

O Colectivo quere afondar na loita contra a contaminación que produce o sector textil, “un dos maiores causantes de contaminación química, producción de CO2, traballo precario, etc do mundo. Cada peza de roupa nova que se produce contribue a esta cadea problemática, explican. ”Co mercadillo de intercambio e troco queremos unir costumes tradicionais coa concienciación sobre o aproveitamento de recursos valiosos (traballo, auga, enerxía, transporte, infraestructura, medio ambiente, etc ) que contén cada peza e animar a reutilizar e aproveirar ao máximo estes valores xa existentes sen producir mais lixo e desfeitos evitando asó a produción de bens novos que causan os problemas enriba indicados”.

.

Comentarios