Mércores. 08.05.2024
El tiempo

A Deputación mantén o compromiso cos Batáns do Mosquetín, o Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo

A Deputación mantén o compromiso cos Batáns do Mosquetín, o Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo
Castelo de Vimianzo Castelo de Vimianzo

Aposta decidida pola Deputación da Coruña polo noso patrimonio. O pleno do pasado venres aprobaba a tramitación do convenio de colaboración co Concello de Vimianzo, para a xestión de atención de visitantes e a realización de actividades no Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín (“o mellor conxunto de Galicia”) durante o ano 2017.

Mediante este convenio, a Deputación da Coruña, titular de ambos conxuntos arquitectónicos, cede a xestión ao Concello, que se encargará da organización das visitas, a realización de actividades coma a XXIV Mostra de Artesanía en Vivo e a divulgación e comunicación sobre o patrimonio cultural e etnográfico.

A institución provincial aboará ao concello a cantidade de 100.000 euros, dos cales 30.000 destinaranse aos Batáns do Mosquetín e 70.000 ao Castelo de Vimianzo.

43.000 euros para atención de visitantes en Torres do Allo

Igualmente, deuse coñecemento ao pleno da tramitación do convenio de xestión das Torres do Alló co Concello de Zas, que realizará accións turísticas, educativas e didácticas no monumento durante o presente ano. Neste caso, a Deputación achega un total de 43.000 euros, que financiarán tanto a atención aos visitantes coma a organización de actividades e a redacción dun novo plan museográfico para conservar e pór en valor o pazo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios