Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Vimianzo estreou o seu circuito de trial

FOTO VIMIANZO- Trial 4_1 O Petouco
Vimianzo estreou o seu circuito de trial

Os motores do Campionato Galego de Trial tremeron esta fin de semana en Vimianzo por primeira vez para acoller esta proba, organizada polo Moto Club ‘O Petouco’ en colaboración coa Federación Galega de Motociclismo e o Concello de Vimianzo. 

FOTO VIMIANZO- Trial O Petouco
Foto de familia dO Petouco

O circuíto recibiu a competidores de distintas partes de toda Galicia a partir das 9:30 horas desta mañá. As rochas, o barro e a auga que se concentran no lugar fixeron deste espazo o emprazamento ideal para poñer a proba as capacidades dos deportistas.

Tratouse dun circuíto pechado ao que os pilotos deron tres voltas en cada unha das  categorías establecidas, desde os máis pequenos e pequenas ata os participantes na categoría absoluta terán por diante desafíos naturais que farán desta unha proba única.

FOTO VIMIANZO- Trial 2 O Petouco 2024
FOTO VIMIANZO- Trial 2 O Petouco 2024

Un total de 42 deportistas se deron cita para competir nas 7 categorías: TR1, TR2, TR3, TR4, TR5, CLB e Alevín.
Por categorías, os resultados foron os seguintes: 

  • TR1 – 1º. Xurxo Neo Suárez 
  • TR2- 1º. Héctor Márquez Salgado
  • TR3- 1º. Manuel A. Soto Calvo
  • TR4- 1º. Maikel Gómez Sánchez
  • TR4 Infantil- 1º. Matías Mosquera Barja 
  • CLB- 1º. Jorge Montes Vázquez
  • TR5- 1º. Aarón Longueira Miguel
  • Alevín- 1º.Nicolás Soto Miñones

FOTO VIMIANZO- Trial podio

Comentarios