Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Veciñ@s polo mundo: Do Fútbol da Costa ás praias de Barcelona

Veciñ@s polo mundo: Do Fútbol da Costa ás praias de Barcelona
Miki Beiro coa Seleccion Espanola de Futbol Praia Miki Beiro chegou a ser internacional coa Selección Española de Futbol Praia

Témolo visto coa meirande lenda do Fútbol Praia mundial, formando un tridente mortal e conquistando a Copa Lagos en Nixeira co Barça.

Miguel Beiro é o segundo protagonista desta nova sección en QPC que bota un ollo á diáspora, a 6ª comarca da Costa da Morte. Toca irmos a Barcelona, a pisar a area das súas praias e a coñecer a vida deste deportista carnotán, que cambiou o Fútbol da Costa polo fútbol praia internacional.

Miki Beiro con Ramiro Amarelle Miki Beiro con Ramiro Amarelle  
  • QPC: Como te chamas?

Miguel Beiro, aínda que pola costa coñecédesme como Miki.

 
  • QPC: De onde es?

De Quilmas e con moito gusto.

 
  • QPC: Onde vives agora?

En Barcelona.

 
  • QPC: Por que motivo te trasladaches aí?

É un pouco difícil de explicar, pero neses momentos que sintes que tes cambiar de aires e o fas.

 
  • QPC: Canto tempo fai que te mudaches?

Xa vai para 3 anos.

Miki Beiro facendo unha chilena na praia de Barcelona Miki Beiro facendo unha chilena na praia de Barcelona Miki Beiro coa camisola do Barcelona Miki Beiro coa camisola do Barcelona  
  • QPC: En que traballas?

Sigo relacionado co Barcelona de fútbol Praia, pero traballo para a Nike na Megastore do FC Barcelona.

 
  • QPC: Que é o que máis botas de menos da Costa da Morte? Tes morriña?

A 2 horas de avión, en realidade estou ao lado, pero claro que teño morriña. Non me quero imaxinar estando máis lonxe.
Boto de menos a familia e os amigos, a calidade de vida, a comida, as paisaxes, salir cos de Dumbría en bici, ir ver ao Carnota, xogar na festa da plaia, entrenar en Sabón. Hai cousas que sei que só podo desfrutar aí.

 
  • QPC: Manteste ao día da actualidade costeira? Como?

Si, falo moito con meus pais e avós. E unha vez a semana leo Quepasanacosta.

 
  • QPC: Cantas veces ao ano viaxas a casa?

Entre 3 e 5.

 
  • QPC: Que tal embaixador es da túa terra? Canta xente tes traído de aí a visita a Costa? A canta lle tes falado dos nosos recunchos?

Despois de recorrer moitos lugares, aínda en ningún, me sentín coma na Costa. Varios compañeiros de traballo xa quedaron namorados. E outros pasarán alá as próximas vacacións.

 
  • QPC: Que diferencias máis grandes atopas entre o teu novo lugar de residencia e a Costa da Morte?

A tranquilade e o costo da vida. Son dous lugares bastante opostos.

 
  • QPC: Que cousas importaría para a Costa da Morte e que cousas levarías de aquí para aí?

É algo difícil. Gustaríame que na Costa defendésemos e lle deásemos valor ao noso. E para aquí non traería nada, que ata se pode cear nun restaurante de Muros en pleno Raval.

 
  • QPC: Cóntasnos algunhas anécdotas que che aconteceron por aí?

Pois non é mentira iso de que temos acento, entón cando me están falando castelán, e eu lles respondo en galego, a cara da xente e case de shock. Por que será o último lugar que esperarán que lles falen en galego...

 
  • QPC: Atopácheste con algún veciño costeiro máis? Xúntaste con galegos ou costeiros habitualmente?

Si, por suposto. Estamos ate na lúa... Xuntábame con amigos da Coruña, vou a restaurantes galegos, e tiven a sorte de que, algúns meses, traballou con nós Brais de Masaricos. (Esperemos que volva pronto)

 
  • QPC: Volverás á túa terra? Cando?
Claro que si, pero cando e difícil sabelo.  

Veciñ@s polo mundo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios