Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Así están a ser as solicitudes para nichos e columbarios no ampliado cemiterio de Carballo

Cemiterio novo de Carballo
Así están a ser as solicitudes para nichos e columbarios no ampliado cemiterio de Carballo

O Concello de Carballo non realizaba adxudicacións masivas de concesións de nichos desde o ano 2002. Pero a construción do novo cemiterio permitiu que se abrise un novo prazo de solicitudes. En 20 anos acumuláronse un total de 339 solicitudes, tendo o concello 247 peticións para un total de 734 nichos e 37 columbarios (dos 96 columbarios existente) no novo cemiterio municipal.

Hai prazas aínda abertas, polo tanto, e a xente que o queira xa pode presentar a súa solicitude e quedarán en listaxe de agarda para próximas adxudicacións, que segundo o Concello, se acometerá o antes posible. De feito, o proxecto completo de ampliación do cemiterio inclúe 456 panteóns con 1.824 nichos e de 256 columbarios distribuídos en 64 columnas.

Comentarios