Venres. 17.05.2024
El tiempo

O sur da Costa da Morte chora hoxe o pasamento do histórico colexiado Manuel Martínez Brión

Manuel Martinez Brion en fotos rescatadas pola revista Terra de Outes
Manuel Martinez Brion en fotos rescatadas pola revista Terra de Outes
O sur da Costa da Morte chora hoxe o pasamento do histórico colexiado Manuel Martínez Brión

Hoxe Esteiro e o Freixo amenceron tristes polo pasamento de Manuel Martínez Brión, un histórico do fútbol.

Nado en 1952 do Freixo (Outes), "Brión", como era coñecido, casou hai máis de 40 anos no Maio, Esteiro. Referente na arbitraxe da Costa, chegou como colexiado a 2ªB e foi durante 4 anos asistente de Raúl García de Loza en 1ª División entre finais dos 80 e finais dos 90. Sinaoulles fóras de xogo a xogadores como Maradona, Ronaldo, Schuster ou Fernando Hierro ou Butragueño.

Daqueles tempos, contaba na revista Terra de Outes, que entre moitas anécdotas venlle á mente, cando lle tiraran laranxas nun partido en Valencia, ou pepinillos en Alicante.
Onde dixo que o pasou bastante mal foi nun encontro entre Málaga e Atlético de Madrid no estadio da Rosaleda, cando os estaban esperando á saída máis de 2.000 persoas para agredilos. Con todo foi a mesma policía a que os acercou ao aeroporto. O desencadeante das ameazas, recorda que foi un penalti a favor do Atlético Madrid no último minuto e a expulsión de dous xogadores do Málaga.

Foi ademais Directivo da Esteirana, coa que foi campión da Liga da Costa na 1977-1978. O club esteirán xa lle rendeu unha fermosa homenaxe cun partido na Salina ante o Deportivo de Veteranos en 2010.

Comentarios