Luns. 20.05.2024
El tiempo

A “fata morgana” cazada no mar de Carnota

Fata Morgana na Costa da Morte-Foto-Alicia Vazquuez
Captura da ilusión óptica da Fata Morgana dende Carnota sobre as Illas Lobeiras-Foto-Alicia Vázquez
A “fata morgana” cazada no mar de Carnota

”Estamos flipando”, recoñecían esta tarde de xoves Sven Shwebsch e Aliciaz Vázquez dende Lira. Achegáronse a ver mar, que estaba en absoluta calma, e comezaron a ver unhas visións estranas no medio e medio do mar, xusto diante das Lobeiras. “Nunca vin nada así”, recoñece Sven, “eran como columnas de rocas saíndo da auga, pero columnas de 20-30 metros de alto, e nunha franxa ata a zona de Caldebarcos, había como cantís saíndo do mar. Era moi espectacular” sinalaban aínda abraiados polo acontecimento visual.

O eterno voluntario e a artista e emprendora coruñesa afincada, ambos afincados en Carnota, afirman que que se trata da “fata morgana” (vén de fada Morgana, en referencia a unha media irmá fada do Rei Arturo), un efecto visual, un espellismo, semellante ao dos desertos, que se dá cando a searación entre aire cálido e o aire frío (máis denso) preto da superficie do mar, producindo unha imaxe invertida que fai que as imaxes parezan flotar no aire.

En todo caso, non é doado velo na nosa comarca, e si, por exemplo, en zonas como o estreito de Mesina, entre Sicila e Calabria..

Mágoa non ter con eles unha boa cámara de fotos (elas si que tiñan uns bos prismáticos cos que quedaron alucinados), pero a realidade é que o espellismo apenas o puideron ver durante unha hora.

Máis novas

Comentarios