Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Veciñ@s polo mundo: “A Suiza levaría o Bar London”

Veciñ@s polo mundo: “A Suiza levaría o Bar London”
Ferreiro de Carnota a Suiza Ferreiro, de Carnota a Suiza

Hai algúns con moitas gañas de voltar, e outros que non paran de dar envexa a través das redes sociais. É o caso deste carnotán, que asegura estar traballando en Suiza, a pesar das múltiples viaxes que se pega ao longo do ano. Falamos con el para ver como lle vai, laboralmente, despois da súa longa traxectoria no fútbol costeiro. Porque persoalmente, entona o mítico tema dos Refrescos comprobando que efectivamente, non hai nada comparable á praia de Boca do Río.

Ferreiro en Miami vendo aos Heat Ferreiro, nunha das súas viaxes, desta volta a Miami para ver aos Heat  
  • QPC: Como te chamas?

José Manuel Martínez Pérez, pero todo o mundo coñéceme por “Ferreiro”.

 
  • QPC: De onde es?

De Carnota.

 
  • QPC: Onde vives agora?

En Berna, Suiza.

 
  • QPC: Por que motivo te trasladaches aí?

Evidentemente, por traballo..

 
  • QPC: Canto tempo fai que te mudaches?

Un ano e medio, aproximadamente.

 
  • QPC: En que traballas?

Na construción.

 
  • QPC: Que é o que máis botas de menos da Costa da Morte? Tes morriña?

Buff, moitas cousas. Os amigos, as praias… A verdade, é que lonxa da case sempre tes moita morriña.

 
  • QPC: Manteste ao día da actualidade costeira? Como?

Si, falo todos os días con amigos. E como non, tamén miro por interner con Quepasanacosta tamén todos os dias.

 
  • QPC: Cantas veces ao ano viaxas a casa?

3 ou 4 veces polo menos.

 
  • QPC: Que tal embaixador es da túa terra? Canta xente tes traído de aí a visita a Costa? A canta lle tes falado dos nosos recunchos?

Creo que son bastante bo embaixador. Por agora, aínda non levei a ningún estrenxeiro á casa. Pero, iso si, fálolle a todo mundo da Costa da Morte.

 
  • QPC: Que diferencias máis grandes atopas entre o teu novo lugar de residencia e a Costa da Morte?

Hai moitísimas. Aquí son de salir pouco, son xente más seria, a verdade algo aburridillos jajajaaj. E bueno, por non falar que non hai praia…

 
  • QPC: Que cousas importaría para a Costa da Morte e que cousas levarías de aquí para aí?

Para Suiza levaría o marisco, o Bar London de Vimianzo e as praias de toda a Costa da Morte. E para casa, levaría de neve, que aquí hai abonda, para esquiar de vez en cando..

 
  • QPC: Cóntasnos algunhas anécdotas que che aconteceron por aí?

Pois a verdade é que o fútbol é fonte de vivencias. por exemplo, este verán, xogando un maratón, atopeime con moitos ex-compañeiros da Costa da Morte.

Ferreiro con amigos Jaiteiros en Suiza Ferreiro con amigos Jaiteiros en Suiza  
  • QPC: Atopácheste con algún veciño costeiro máis? Xúntaste con galegos ou costeiros habitualmente?

Si, con bastantes. Algún fin de semana imos ver o Depor e tomar algo, e así mantemos vivos o noso ghallegho.

 
  • QPC: Volverás á túa terra? Cando?

Si, sen dúbida. En canto poda.

   

Veciñ@s polo mundo

Fonte

Comentarios