Domingo. 19.05.2024
El tiempo

As Finais da Copa da Costa F8 disputaranse o sábado 18 en Fontenla

Xallas Prebenxamin
O Xallas Prebenxamín quedou campión na pasada edición celebrada no Conco
As Finais da Copa da Costa F8 disputaranse o sábado 18 en Fontenla

Mentres os clubs seguen esperando polos sorteos das Copas Xuvenil, Cadete e Infantil, si que temos data e horarios para as grandes finais da Copa da Costa de F8, a esperada Festa do Fútbol Base costeiro. O campo de Fontenla, en Santa Comba, acollerá a gran festa do fútbol dos máis peques, das categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín.

Así, centos de nenos de entre 6 e 11 anos gozarán dunha completa xornada deportiva, nas completas instalacións xalleiras.

Os equipos clasificados son:

  • CATEGORÍA ALEVIN : Cee, Sofán, EFC Carnota, UD Cerqueda, ED Os Miúdos, Cabana, Fisterra e Xallas.
  • CATEGORÍA BENJAMIN: Xallas, Cabana, EFJ Cabrejo Camariñas, EFC Carnota, Corme, ED Os Miúdos, Mazaricos, Esteirana.
  • CATEGORÍA PREBENJAMIN: Soneira, Carnota, Xallas, Esteirana, Cee, Corme, EFJ Cabrejo Camariñas e Sofán (como mellor segundo).

Horarios

horario finales F8 A Costa 2024 copia

Serán choques de dous tempos de 15 minutos, a partido único, con 3 penaltis en caso de empate.

Máis novas

 

Comentarios