Martes. 19.03.2024
El tiempo

O castro do Fragoso será Ben de Interese Cultural

O castro do Fragoso será Ben de Interese Cultural
O castro do Fragoso atópase actualmente cuberto pola maleza O castro do Fragoso atópase actualmente cuberto pola maleza Grazas ao traballo da asociación ambiental Petón do Lobo, o esquecido castro do Fragoso situado en Dumbría pronto estará protexido baixo a figura de Ben de Interese Cultura - BIC- despois de que a consellería de Cultura da Xunta de Galicia admitise a trámite a petición da organización ecoloxista. "Consideramos que cumpría rescatar este xacemento do esquecemento dada a súa ubicación peculiar", recoñecen membros da asociación ambiental Petón do Lobo. Como moitos outros, o castro do Fragoso está situado nunha finca privada no monte de Figueiroa, en Dumbría, a escasos metros do camiño de Santiago que dicorre pola parroquia de Dumbría. Este ben arquelóxico atópase actualmente cuberto pola maleza. Ademais deste xacemento, están a tramitarse como BIC, a petición desta entidade, o Castro de Cortegada (Silleda-Pontevedra), o castro de Corcoesto ( en Cabana), e castro do Castrelo (Laxe), éste último tramitado tamén como BIC por parte do concello de Laxe.

Comentarios