Xoves. 09.05.2024
El tiempo

A oncoloxía galega actualízase no Parador de Lourido

Reunion Oncologos Muxia
A oncoloxía galega actualízase no Parador de Lourido

Ao longo destes venres 26 e sábado 27 de abril, desenvólvese no Parador de Lourido a III Reunión Anual da Agrupación Galega contra o Cancro de Mama. Organizada pola Agrupación Galega contra o Cancro de Mama, e coordinada polo douto Jesús García Mata, xefe de servicio de Oncoloxía do CHOU trátase dunha das xuntanzas de profesionais máis importantes de profesionais para facer a súa”update” sobre a patoloxía.

A xornada arrincaba cunha emotiva homenaxe a Manuel Ramos, director do Centro Oncológico de Galicia, que faleceu o pasado mes de outubro. A actual Xefa de servicio do COG, a Dra. Margarita Amenedo, pronunciou unhas palabras cheas de gratitude e admiración.

Ao longo deste sábado, hai 3 mesas coa participación de de 60 oncólogos de todos os hospitais de Galicia.

Reunion Oncologos Muxia

2.265 CASOS EN GALICIA

Lembran que o cancro de mama é actualmente o tumor maligno máis común a nivel mundial e o que provoca maior mortalidade por cancro nas mulleres. Ademais, é a principal causa de morte en xeral mulleres entre 35 e 45 anos. En España diagnostícanse uns 35.301 casos anuais e en Galicia 2.265 o ano pasado.

Nos últimos anos produciuse un aumento significativo na supervivencia dos pacientes e na cura de pacentes diagnosticados de cancro de mama grazas, fundamentalmente, a dous factores: o diagnóstico precoz e introdución de tratamentos cada vez máis eficaces.

Reunion Oncoloxia Cancro de Mama Muxia

Comentarios