Venres. 03.05.2024
El tiempo

Identifican a presunta autora de varios lumes forestais en Coristanco

240423_UIFO_identificada_presunta autora_lumes_coristanco 2
Axente do UIFO traballando na investigación
Identifican a presunta autora de varios lumes forestais en Coristanco

Axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Dirección Xeral de Defensa do Monte, dependente da Consellería do Medio Rural, veñen de identificar a presunta persoa autora de varios lumes na parroquia de San Xusto, no concello de Coristanco.

O primeiro dos incendios tivo lugar o pasado 24 de marzo, malia que se observaran varios conatos previos, e dende ese día, a autora seguiu intentando queimar o monte ata o 21 de abril, cando se rexistrou o último incendio. A superficie afectada total por estes incendios foi dunha hectárea de monte, aproximadamente.

Dende o primeiro incendio os axentes comezaron a investigación que permitiu recadar as probas indiciarias suficientes para poñer a disposición xudicial a persoa que presuntamente provocou os incendios forestais. O labor dos axentes da unidade de investigación desenvólvese en estreita colaboración co resto de axentes ambientais e persoal do dispositivo do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF).

A presunta autora destes lumes é unha veciña da parroquia de San Xusto. Unha vez rematadas as primeiras dilixencias, remitiranse ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Carballo.

Comentarios