Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Vimianzo pon en valor, en podcast, a historia de 8 mulleres

Mulleres protagonistas do proxecto 8 miradas de Vimianzo
Mulleres protagonistas do proxecto 8 miradas na presentación do proxecto coa alcaldesa Mónica Rodríguez e o psicólogo Sergio Trillo
Vimianzo pon en valor, en podcast, a historia de 8 mulleres

Interesantísimo e novedoso o proxecto #8Miradas, que desenvolve Sergio Trillo en Vimianzo. O psicólogo municipal está a realizar unha serie de entrevistas, en formato podscast e vídeopodcast, nos que repasa a vida de 8 mulleres que desafiaron ao seu tempo.

No marco das actividades do Concello vimiancés polo Día da Muller, Serg realiza esta serie de entrevistas de algo máis dunha hora de diración, contando ademais coa participación do alumnado da ESO do IES Terra da Soneira, que ademais de poder acceder aos contidos nas plataformas, pode ver de primeira man como se densevolven as entrevistas e facer as súas preguntas nestas xornadas interxeracionais.

Despois da emotiva presentaci´ón realizada o 8 de marzo, Trillo xa leva subindo algunhdas das 8 pezas en vídeo protagonizadas por mulleres diferentes, únicas, e con perfís e experiencias moi distintas e peculiares.

Repasamos as que xa están na rede, que van de Senegal a Baíñas.

‘De Senegal a Vimianzo’, protagonizado por Bintou Coly

Vivir cantando’, protagonizado por Carmen Limideiro

‘Poeta autóctona’, protagonizado por Natalia Lema

 

Vindeiras citas

Chegar ao público máis novo a través das mulleres adultas era un dos principais obxectivos desta iniciativa, tal e como sinala a concelleira de Benestar Social, María José Pose, “escollemos este formato para chegar ás novas xeracións a través da tecnoloxía e facerlles chegar a mensaxe de oito mulleres que son un exemplo de superación e esforzo para conseguir todo aquilo que se propuxeron”.

Estade atentas ás redes do Concello de Vimianzo, que seguirán lanzando as seguintes entrevistas:

  • ‘Máis alá da cegueira’, protagonizado por Carmen Lorenzo.
  • ‘Os coidados e o teatro’, protagonizado por Teresa Ferreira.
  • ‘A lucidez na lonxevidade’, protagonizado por Manuela Conde.
  • ‘Alemania, EEUU, Perú, Galicia’, protagonizado por Sabine Pfeiffer.
  • ‘A persoa trala política’, protagonizado pola alcaldesa, Mónica Rodríguez.

 

Comentarios