Luns. 06.05.2024
El tiempo

A ‘RuralTalks’ da GIRA Mujeres parou en Vimianzo: “Son necesarios estes espazos para falar de emprendemento, de muller e de rural”

  • ”Fai falta visibilizar os referentes femininos”.
Mulleres do RURALTALKS_VIMIANZO1 copia
Mulleres participantes na xornada RuralTalks de Vimianzo coa rexedora
A ‘RuralTalks’ da GIRA Mujeres parou en Vimianzo: “Son necesarios estes espazos para falar de emprendemento, de muller e de rural”

Máis de 60 mulleres participaron na primeira ‘RuralTalks’ da GIRA Mujeres, celebrada onte na Casa da Cultura de Vimianzo. O programa de formación e capacitación para o emprendemento feminino impulsado por Coca-Cola en España convírtese nun ciclo de charlas que teñen por obxectivo proporcionar ás mulleres unha vía para mellorar as súas habilidades, coñecementos e preparación de cara a comezar a rediseñar unha iniciativa de emprendemento.

Publico do RURALTALKS_VIMIANZO6 copia

”Dende logo son necesarios estes espazos de reflexión sobre o emprendemento, sobre a muller e sobre o rural”, explica Patricia Vaquero, a costeira responsable do proxecto Todas Nós. “Fai moita falta visibilizar os referentes femininos, e máis no rural”, sinala lembrando que focallizou a súa ponencia na “falsa romantización do emprendemento. Hai que falar do emprendemento pero dende a realidade e dende unha perspectiva de xénero, porque as mulleres asumimos moitas máis cargas familiares e iso é un factor fundamental”, explica deixando claro que había outras moitas mulleres que estarían encantadas de estar pero non puideron por que ocuparse dos coidados da familia.

A xornada completouse con tres referentes de emprendemento local: Yolanda Blanco, veciña vimiancesa e fundadora da marca de complementos Suidade DG; María José Tallón, de Trasdeza Natur e a coñecida Ana Corredoira, da granxa A Cernada, que tivo unha especial incidencia na xornada.

RURALTALKS_VIMIANZo. Yolanda Blanco Ana Corredoira
Yolanda Blanco, María José Tallón e Ana Corredoira coa presentadora

Durante a sesión analizáronse cuestións tan importantes como a creación de novos modelos de negocio adaptados ás necesidades do mercado desde o mundo rural, a inspiración a outros negocios nestes lugares ou os recursos dispoñibles para as mulleres emprendedoras rurais.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que “o emprendemento rural non só impulsa a economía local, senón que fortalece o tecido social e promove a diversificación económica”. A rexedora quixo agradecer, ademais, a “todas as participantes por achegarnos estes conceptos e servir de inspiración para as xeracións futuras”.

Máis novas

Comentarios