Mércores. 08.05.2024
El tiempo

A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes

A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
Desenadores e modelos das colecciones ganadoras cos organizadores

A XXV Mostra do Encaixe de Camariñas superou todas as previsións e contabilizáronse un total de 23.180 visitantes durante os cinco días, a maior cifra dos últimos anos. O certamen continúa así a cifra ascendente das últimas edicións, e tamén supera ampliamente a cifra do pasado, cando se contabilizaron algo máis de 20.000 persoas. O día de maior afluencia foi o Venres Santo, cun cheo total en todo o recinto e na sala de desfiles, que se quedou pequena durante toda a xornada para acoller todos os visitantes. Aínda así, en xeral todos os días rexistrouse unha gran afluencia de público, incluíndo o día da apertura e de clausura, que é cando habitualmente adoita haber menos xente.

Uns datos que só poden ser considerados como éxito, demostrando que este evento, o máis importante do ano en Camariñas, serve para moitas cousas: convertir a vila nun foco de atracción de visitantes durante a Semana Santa e de paso facer de reclamo turístico para todo o ano; e, sobre todo, seguir convertendo unha artesanía centenaria nun produto de moda inseríndoo nos circuitos e na industria, ademais, como un produto de luxo.

Nesta 25ª edición, ademais de continuar o proceso de internacionalización coa chegada de ata encaixeiras de 13 países, os organizadores botaron en falta a presenza da Deputación e a Xunta, que non acodiron, se cadra, polo comezo reivindicativo desta edición, na que as infraestruturas foron protagonistas dos discursos iniciais. En todo caso, a concelleira Sandra Ínsua Rial, deixou claro que “mande quen mande, o encaixe permanecerá”.

Deseñaores Noveis

Modelos cos desenos das coleccions ganadoras na Mostra do Encaixe 2015

No acto de clausura tamén se deron a coñecer os ganadores da XXII de Diseñadores Noveles, no que se presentaron un total de 26 coleccións de distintos lugares de España e Portugal. É este un dos puntos fortes do certame, que leva conseguindo moita repercusión nos últimos anos. O primeiro premio foi para un mozo diseñador de Vigo, Enrique Sánchez Sánchez, coa colección “Metus”, de moda masculina informal. O segundo premio obtívoo Sara Lage González, de Lugo, coa colección “Sui Géneris”. Esta moza xa conseguiu o segundo premio o pasado ano. O terceiro premio foi para unha diseñadora de Oviedo, Bela Khabatova, coa colección “O baile das zarinas”; mentres que o premio especial do público conseguiuno unha colección de Camariñas “Anos Dourados”, das diseñadoras Cathy Mozo de León e Magdalena Campos Pol.

Os desfiles, un dos grandes reclamos

Os Desfíles dos diseñadores noveles e de modistos recoñecidos son un dos principais atractivos do certamen, onde este ano puidéronse ver arriscadas e innovadoras propostas utilizando o encaixe. Os vestidos de noiva do prestixioso diseñador Lorenzo Caprile foron moi aplaudidos polo público, aínda que todas as coleccións chamaron a atención visitantes. Durante os cinco días ademais na pasarela puidéronse ver as pezas de Lorenzo Caprile, Emilio Salinas, Esteban Fritiría, Franco Quintáns, Ana Cabranes, Devota & Lomba, Paula do Vas e Rafael Urquízar, ademais dos complementos de Mar Balmon, Janet Shulz e Gerard Solá.

A Canteira, asegurada

A canteira do encaixe esta asegurada-Foto-Dolores Lema

Púidose comprobar que a canteira do encaixe está asegurada, coa presencia de numerosos cativos e cativas palillando. Un feito tremendamente interesante tamén, pois conseguir que o encaixe se convirta en moda, tamén nos máis pequenos, demostra un gran traballo de base.

A rede

Ademais, o III Encontro de Bloggers demostrou o potencial da rede. Novos dseñadores, blogueiros, fotograf@s de moda e grandes diseñadores intercambiando opinións sobre a moda e aplicación do encaixe de Camariñas.

Encontro de Bloggers de Moda na Mostra do Encaixe 2015-Foto-Dolores Lema

O Faro Vilán, ou polo de atracción

Máis de 4150 visitantes pasaron esta Semana Santa polo interior do Faro Vilán de Camariñas (e outros moitos imposibles de contabilizar en momentos de máxima afluencia) - case 800 máis respecto de a semana santa do ano anterior. O venres superáronse as 1600 visitas, seguido polo xoves e o sábado que pasaron máis de 850 persoas cada día.
Máis do 60% dos visitante foron de Galicia, con case 2000 visitas da provincia da Coruña, seguidos de lonxe pola provincia de Pontevedra, Ourense e Lugo.Do resto de España, os madrileños foron os máis numerosos (máis de 400), sendo os franceses, portugueses e sudamericanos os máis numerosos entre os estranxeiros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios