Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Prevén cheo no pavillón do CEIP Xesús San Luís Romero para o III Xantar da Milagrosa

Xantar da Milagrosa Carballo 2023
Imaxe do Xantar da Milagrosa do ano pasado
Prevén cheo no pavillón do CEIP Xesús San Luís Romero para o III Xantar da Milagrosa

A Asociación Cultural e Deportiva A Milagrosa de Carballo, vén de poñer á venda as entradas para poder asistir á celebración do “III Xantar A Milagrosa 24”. O evento celebrarase o sábado, día 1 de xuño nas instalacións do polideportivo do Colexio Xesús San Luís Romero, e o éxito alcanzado nas pasadas edicións, con máis de 450 persoas na festa do ano pasado, faille prever á entidade que este ano se rozará o cheo no pavillón, tendo en conta que só hai 600 prazas.

Xantar da Milagrosa Carballo 2023-Equipo
Familia da Asociación Cultural e Deportiva A Milagrosa de Carballo

Os actos darán comezo ás 13:30 h. coa apertura das portas de acceso o recinto escolar para dar paso a unha pequena sesión vermout. A continuación, a partir das 15:00 horas, serviráse a comida que consistirá en empanada, langostinos, polbo á galega, churrasco de porco e tenreira, patacas frexidas, sobremesa e licores. Todo iso regado con viño branco e tinto, refrescos e auga.

Xantar da Milagrosa de Carballo 2024

As entradas para o evento pódense adquirir a través dos membros da comisión organizadora ou no local do antigo Banco Pastor (Avda. Milagrosa 10). Ao longo da celebración sortearase un bo número de agasallos que están a ceder distintas casas comerciais do barrio e outros puntos do concello.

Nesta celebración colaboran, ademais das casas comerciais e locais de hostalería, o Concello de Carballo e a dirección do Colexio Xesús San Luís Romero, a quen desde a comisión queren dar as máis expresivas gracias.

Comentarios