Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Vimianzo, Cee e Coristanco informan sobre a polilla da pataca

Vimianzo, Cee e Coristanco informan sobre a polilla da pataca
Visión humorística de Hermanager Production da visita da polilla guatemalteca Visión humorística de Hermanager Production da visita da polilla guatemalteca

Novas actividades informativas sobre a praga da pataca, moi necesarias ante a gran preocupación existente tanto nos produtores profesionais coma de autoconsumo. Así, mentres Vimianzo e Cee acollen sendas charlas, o Concello de Coristanco acaba de abrir unha web.

Charlas en Vimianzo e Cee

Informa Dositeo Toba Quintáns, técnico da Oficina Agraria Cormarcal de Corcubión, das próximas charlas que se van a facer en Vimianzo e en Cee sobre a polilla da pataca (Tecia solanivora). Unhas sesións que pretenden aclarar dúbidas respeto a esta praga e dar recomendacións respecto ó cultivo e almacenamento da pataca para frenar o seu avance.

Este venres 17 de marzo toca charla ás 12:00h na Casa da Cultura de Vimianzo, e o luns, día 20 de marzo, tamén ás 12:00h, na Casa da Cultura de Cee.

Nova web informativa

Aínda non chegou, pero en previsión das graves consecuencias socioeconómicas que tería en Coristanco, e no resto da nosa comarca, o Concello de Coristanco, nun esforzo por evitar a aparición da praga na nosa comarca, ven de publicar unha web informativa sobre esta recente ameaza ao noso agro:

Pincha na imaxe para visitar a web informativa http://www.teciacoristanco.wordpress.com Pincha na imaxe para visitar a web informativa http://www.teciacoristanco.wordpress.com

O obxectivo desta iniciativa e ofrecer información puntual sobre a problemática desta praga á vez que se pretende concienciar sobre a vital importancia de respetar as medidas preventivas recomendadas para evitar a propagación da couza guatemalteca da pataca na nosa comarca.

A web inclúe varios apartados nos que informa sobre:

  • Evolución da praga a nivel mundial.
  • Ciclo biolóxico.
  • Relación das zonas infestadas de Galicia e as medidas de contención aplicadas nestes concellos.
  • Medidas preventivas que convén respetar nas zonas libre de couza, de cara a evitar a súa propagación.
  • Normativa vixente, recentemente publicada, que establece as medidas establecidas pola Administración para o control e erradicación da couza guatemalteca do noso país.
 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios