Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O IES Eduardo Pondal recibe a alumnado alemán co espírito europeo de compartir, tecer redes de apoio e aprender

Visita IES ALEMAN ao IES de Ponteceso
Familias do IES alemán e bergantiñán no Dolmen de Dombate
O IES Eduardo Pondal recibe a alumnado alemán co espírito europeo de compartir, tecer redes de apoio e aprender

As actividades do programa Erasmus no IES Eduardo Pondal non paran. Desta volta, o centro pontecesán preparou unha axenda completa para permitir a mellor experiencia para o alumnado do instituto alemán FLG.

As actividades formativas inclúen charlas específicas sobre ciencia e tecnoloxía, así como da nosa cultura popular e tradicións. Tamén se realizarán visitas aos concellos veciños como Malpica, Cabana e Laxe, e se farán convivencias con asociacións da zona como a Asociación Inllar.

Durante esta semana, será o propio alumnado pontecesán quen realizarán a labor de embaixadores e de guías acompañantes para o alumando alemán, tarefa que prepararon "con ilusión, entusiasmo e esforzo. O espírito europeo de compartir, tecer redes de apoio e aprendizaxe, quere ofrecer as claves que os mozos e mozas precisarán para asumir os retos do se futuro", explican dende o centro. Porque toda a comunidade educativa é consciente de que "este tipo de experiencias son únicas e permiten ao alumando o contacto con outras realidades europeas, contrastar ideas e coñecementos, e dar un paso máis na súa madurez e autonomía". Este é o primeiro paso para que o alumnado de BACH do curso que ven vaia a visitar o país alemán para ver de preto a súa escola, a súa vila e a súa cultura.
“Estamos encantadas coa aceptación e o recibimento que toda a comunidade educativa fixo a este proxecto. E contamos con que vai ser unha experiencia marabillosa para o noso alumnado e profesorado” , sinala Silvia Candia, coordinadora do programa Erasmu+ do IES.

 “Conseguir a acreditación no programa foi un traballo duro e no IES estamos moi orgullosos, de quedar entre os 200 centros de toda España acreditados este ano. Estamos desexando que o noso alumnado poda ir a Alemaña no vindeiro curso”.
Este ano o salto cualitativo e cuantitativo do programa Erasmus+ no noso centro foi espectacular: en decembro un grupo de 15 mozos do ciclo Dual de automoción viaxaron a Alemaña a realizar visitar a diferentes empresas, actualmente os dous alumnos de Atención a personas en situación de dependencia realizarán as súas prácticas laborais durante 3 meses en Italia, e a finais de xuño 3 alumnos de Electromecánica e Dependencia, poderán disfrutar dunha breve experiencia de práctica laboral en Portugal.

 

Comentarios