Venres. 03.05.2024
El tiempo

Aplicando en Bari as aprendizaxes do FP

Alumnado do IES Eduardo Pondal de Erasmus en Bari
Yanira e Jorge están en Molfetta
Aplicando en Bari as aprendizaxes do FP

Que oportunidades máis marabillosas ofrece o programa ERASMUS, que xa non só é para universitarios, senón tamén para o FP.

Os que están a disfrutar desta fiestra aberta ao mundo, son Yanira e Jorge, que dende este mes de abril están en Molfetta, unha preciosa vila do sur de Italia, na provincia de Bari, realizando as súas prácticas en empresa grazas a participación do IES Eduardo Pondal no programa Erasmus+

Son alumnos do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia que realiza as súas prácticas nunha asociación de atención a persoas con autismo, a asociación “Apogiatte a me”.
Tanto Yanira como Jorge están encantados coa experiencia na asociación como vivindo de Erasmus en Italia, afixéronse rapidamente á pequena vila costeira e deféndense ben co idioma, pois dende o IES pontecesán facilitóuselles un curso de introdución ao italiano durante os meses de febreiro e marzo.

“É unha experiencia única que permite ao noso alumnado contacto con outras realidades europeas, poñer en práctica non só os coñecementos adquiridos, se non, a súa propia madurez e autonomía facendo a súa vida nun país diferente, lonxe da casa”, sinala Silvia Candia, coordinadora do programa Erasmu+ do IES. “Este tipo de actividades son magníficas tanto para o alumnado que viaxa, como para o que queda, xa que á volta, alumnos e alumnas veñen cargados de historias e experiencias que comparten con todos e xeneran un ambiente e unha ilusión moi bonita para que os seguintes cursos sigan os seus pasos.”

Unha fiestra mais aberta que nunca dende Ponteceso

Este ano o salto cualitativo e cuantitativo do programa Erasmus+ no centro pontecesán foi espectacular: en decembro un grupo de 15 mozos do ciclo Dual de automoción viaxaron a Alemaña a realizar visitar a diferentes empresas; e a finais de xuño 3 alumnos de Electromecánica e Dependencia, poderán disfrutar dunha breve experiencia de práctica laboral en Portugal.

“As características do noso alumnado e do noso centro, fan que lle prestemos especial atención a poder ofrecer actividades e experiencias de apertura de horizontes e de coñecemento doutras culturas, comidas, costumes, etc.”

Ademais, neste curso o centro conseguiu a acreditación para realizar actividades Erasmus+ co alumnado de secundaria, “estamos moi orgullosas de que o bo traballo destes meses se vexa recompensado, sempre pensando no mellor para o noso alumnado”. No vindeiro mes, visitará o centro unha escola secundaria de Asperg, Stturgart, Alemania. Durante unha semana compartirán clase co alumnado de Ponteceso e será un primeiro paso para que o alumnado de BACH do curso que ven vaia a visitar o país alemán para ver de preto as súas escolas e cultura.

Ainda que as experiencias nestas opcións son de estancias curtas o beneficio a nivel personal e da comunidade educativa é moi amplo. Según Cristina Vázquez e Silvia Candia, pertencentes ao equipo Erasmus+ do centro, “o contacto con outras realidades europeas favorece a todo o alumnado, é sumamente enriquecedor. Ofrecer alternativas e experiencias únicas para que o alumando medre a nivel persoal e profesional é moi satisfactorio, sintes un orgullo especial cando ves o seu cambio despois de participar no programa”.

Máis novas

Comentarios