Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Festas para despedir as Escolas Municipais de Vimianzo

CLAUSURAS ESCOLAS CULTURAIS  VIMIANZO
Festas para despedir as Escolas Municipais de Vimianzo

As escolas culturais de Vimianzo despídense do presente curso 2023-2024 por todo o alto, con actuacións abertas á veciñanza no auditorio da Casa da Cultura.
A primeira será este sábado 11 de maio, ás 19:00 horas. Trátase dun festival da Escola municipal de música contemporánea. A semana seguinte, o sábado 18, o espectáculo corre a cargo da Escola de música tradicional, á mesma hora.
O venres, día 31, ás 20:00 horas, inaugurarase a exposición das escolas de arte e palillo, que se poderá ver na sala de exposicións Antón Mouzo. Para asistir a esta actividade non se require de entrada previa.
A Escola municipal de teatro será a encargada de darlle a benvida a xuño coa representación da obra ‘Segredos de Familia’. O espectáculo terá lugar o día 1
deste mes ás 20:30 horas e, por último, o día seguinte ás 18:30 horas, haberá unha mostra de teatro infantil e xuvenil.

Entradas anticipadas

As persoas interesadas en asistir a estas actividades, que serán completamente de balde, deberán sacar a súa entrada de maneira anticipada. Pódeno facer de maneira presencial no despacho de billetes da Casa da Cultura, de luns a venres de 9:30 a 13:00 a 16:00 a 20:00 horas, ou unha hora antes de cada unha das actividades neste mesmo espazo. Tamén se poderán conseguir de forma online a través da plataforma Woutick.

Comentarios