Luns. 20.05.2024
El tiempo

O vaso ecolóxico conquista a Carballeira de Zas

O vaso ecolóxico conquista a Carballeira de Zas
festa-carballeira-zas-vaso-ecoloxico Na Carballeira de Zas úsase o vaso ecolóxico dende o festival do 2016. Imaxe: Festa da Carballeira Un ano máis, a Festa da Carballeira de Zas afianza o seu compromiso coa natureza. Así, na 35 edición do festival o vaso ecolóxico volverá a estar dispoñible. Trátase dun vaso reutilizable que se comezou a usar neste festival no ano 2016. Desde entón empregouse nos seguintes anos, constatando os beneficios ambientais que supón. O ano pasado o emprego destes vasos contribuíu a unha diminución na xeración de lixo duns 100 quilos menos. O deseño do vaso é de Luís Davila, o famoso humorista gráfico coñecido como O Bichero. O vaso custará 1€ e poderá ser de aluguer ou de venda. Desta maneira, todos os que queiran poderán levarlo como recordo desta edición. Se non, devolveráselles a fianza. A dirección do festival pretende desta maneira protexer a contorna tan especial na que se sitúa, unha carballeira de 14.500 m2: transmitindo o privilexio que supón poder realizar este evento nun entorno de características únicas e concienciando da importancia do coidado e protección do mesmo con accións concretas. Entradas con desconto As entradas para o festival están xa dispoñibles na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, cun prezo de 12€. Tamén se poderán obter directamente en despacho de billetes, cun custo de 15€ o bono de dous días. Como nas pasadas edicións, os asistentes poderán contar cunha zona de acampada gratuíta, situada a poucos metros do recinto, dotado de baños e duchas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios