Luns. 06.05.2024
El tiempo

Os mexillóns volven á Carballeira de Zas

Os mexillóns volven á Carballeira de Zas
mexillons-festa-carballeira O sábado, 4 de agosto, a partir das 14:00 horas repartiranse 500 quilos de mexillóns entre os asistentes Xa falta pouco para a festa da Carballeira de Zas e despois de coñecer o cartel, os organizadores van debullando pouco a pouco cada unha das actividades que rodean a este evento. E ao igual que nas edicións anteriores, este ano haberá de novo unha meixilloada de balde. Desde as 14:00 horas do sábado 4 de agosto repartiranse 500 quilos de mexillóns de balde entre os asistentes. Ademais, gozarase da sesión vermú (con vermú galego) servido por un experto cocteleiro que ofrecerá as tres variedades de produto - tinto, branco e negro - cun "perfect served". Da música encargarase Caxade, un proxecto musical que chegou para quedar e que xa forma parte dos referentes musicais galegos, e Os Farrapos, un grupo tamén de Galicia que cun repertorio de música tradicional de “onte, hoxe e sempre” farán que a música e o baile encha a xornada. Estes son os primeiros pasos para ir animando o día que terá o seu momento cúlmen ás 21:30 horas coa actuación de Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre, Harmonica Creams, Mànran e Astarot no escenario Estrela Galicia. Pero a Carballeira comezará a quentar motores desde o día anterior, o venres 3, cando os asistentes poderán presenciar un compendio de actuacións cheo de folk con raíces galegas, toledanas e irlandesas grazas aos grupos Pelepau, Niamh Ní Charra, Ses e The Fatty Farmes. Entradas As entradas para o festival están xa dispoñibles na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, cun prezo de saída de 10€/bono para os dous días, que se manterá en xuño. A partir de xullo o prezo será de 12€. Tamén se poderán obter directamente en despacho de billetes, cun custo de 15€ o bono de dous días. Como nas pasadas edicións, os asistentes poderán contar cunha zona de acampada gratuíta, situada a poucos metros do recinto, dotado de baños e duchas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios