Domingo. 19.05.2024
El tiempo

A Festa da Carballeira de Zas preséntase no I Encontro Galego da Cultura Popular

A Festa da Carballeira de Zas preséntase no I Encontro Galego da Cultura Popular
Festa da Carballeira Zas A Festa da Carballeira Zas contou cun stand no I Encontro Galego de Cultura Popular que tivo lugar a pasada fin de semana na Cidade da Cultura A Festa da Carballeira de Zas estivo moi presente no I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional que se celebrou a pasada fin de semana na Cidade da Cultura e no que participaron centos artistas e agrupacións de música de toda Galicia. Alí estaban os de Zas cun stand  no que se demostrou que esta festa é un motor activo na divulgación da música galega. De feito, este ano no que o festival celebrará a súa 35º edición, a Carballeira contará coa presenza de grupos galegos variados: dende o grupo Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre, pasando por Pelepau, Astarot ou Sés. Ademais de grupos da terra, os asistentes ao festival poderán gozar nesta edición de “unha Carballeira máis folk que nunca”, como dixo o seu director, Fidel Otero. Para iso contarase co grupo toledano The Fatty Farmes, os escoceses Mànran, a irlandesa Niamh Ní Charra ou os nipóns Harmonica Creams. Todos eles estarán no escenario Estrella Galicia, escenario principal do festival. A Carballeira de Zas terá lugar o 3 e 4 de agosto. As entradas para o festival xa se poden comprar na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, tendo un prezo de saída de 10€, o bono para os dous días, tarifa que se manterá durante o mes de xuño. En xullo pasará a costar 12€. A venda en taquilla será de 15€, bono de dous días. Como en pasadas edicións os asistentes poderán contar con zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical), baños y duchas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios