O comité de empresa de Ferroatlántica apoia a folga xeral dos traballadores e traballadoras do Sergas
07:05 01/11/17
O pasado 25 de outubro traballadores e traballadoras do Virxe da Xunqueira de Cee concentráronse diante do hospital
Os membros do comité de empresa de Ferroatlánticadas fábricas de Cee e Dumbría amosan o seu apoio á folga xeral dos traballadores e traballadoras da sanidade pública galega que terá lugar mañá e o venres para esixir a recuperación dos seus dereitos. Especialmente solidarizanse cos empregados do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, que precisamente se manifestaban o pasado 25 de outubro diante do centro hospitalario.
Ademais, dende o comité de Ferroatlántica, solicitan á cidadanía a participación nas concentracións convocadas ao efecto.
Novas relacionadas
-
- 25-10-17: Non máis Escravos do SERGAS
- 24-10-17: A comunidade sanitaria únese pola mellora das condicións laborais e salariais.
- Outubro 17: Loli Toja: “É unha gran satisfacción conseguir que aumenten o servizo de diálese no HVdX de 8 a 24 pacientes diarios”.
- Xullo 17: Denuncian de novo o desmantelamento paulatino de servizos do HVdX.
Fonte
-
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Comité de Empresa de Ferroatlántica