Martes. 07.05.2024
El tiempo

Mar de Fábula busca voluntarios para limpar as praias de Razo e Baldaio

Mar de Fábula busca voluntarios para limpar as praias de Razo e Baldaio
mar-de-fabula NA acción do ano pasado retiraron uns 300 quilos de refugallos plásticos Por segundo ano consecutivo, a asociación Mar de Fábula realizará o vindeiro domingo - 24 de setembro - unha xornada de voluntariado ambiental na praia de Razo-Baldaio, dentro dun convenio de colaboración asinado coa empresa Decathlon e coa Fundación Biodiversidad. Na limpeza participarán empregados e invitados das tendas de Decathlon da Coruña, Ferrol e Oleiros xunto con membros e voluntarios da entidade Mar de Fábula. Esta actividade de voluntariado ambiental consiste nunha limpeza da praia, a realizar na mañán dese día. A limpeza será dirixida por monitores da nosa asociación que marcarán o protocolo a seguir na identificación, recollida e separación dos refugallos plásticos depositados ao longo da liña de marea. Ao mesmo tempo e por parte dos nosos técnicos, se impartirán as debidas explicacións para o coñecemento, respecto e posta en valor da paisaxe, da flora e da fauna deste importante espazo natural. A organización desta acción ambiental contará en todo momento co respaldo loxístico do concello de Carballo. Esta é unha convocatoria aberta a toda a cidadanía e único requisito para participar é apuntarse na páxina web de Decathlon na pestana de "accións medioambientais". A cita comeza ás 10:30 horas no aparcamento da praia de Baldaio, onde haberá un pequeno acto de benvida. Despois da xornada de traballo, ao redor das 15 horas, haberá un picnic de confraternidade entre todos os participantes. Na sesión do ano pasado, e grazas ao éxito de participación, retiraronse 300 quilos de plásticos, principalmente fragmentos pequenos.   Río Anllóns Por outra parte, a Costa da Morte súmase un ano máis á Limpeza Simultánea "Móllate polos ríos" que terá lugar o vindeiro 1 de outubro en distintos puntos de Galicia. Nesta ocasión, é a asociación ecoloxista Senda Nova a encargada de coordinar a limpeza que se levará a cabo no río Anllóns na zona da ponte de Bértoa. Na cita poden participar todas aquelas persoas que o desexen. Deben presentarse no lugar ás 11 horas e inscribirse previamente no número de teléfono 611 037 617.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios