Venres. 03.05.2024
El tiempo

Lorena Costa fai historia e representará a España nos Campionatos do Mundo de Slalom Junior

Lorena Costa fai historia e representará a España nos Campionatos do Mundo de Slalom Junior
Lorena Costa nos Selectivos para o Mundial Lorena Costa nos Selectivos para o Mundial

Histórica a fazaña de Lorena Costa Rama. A rapaza de Berdeogas (Dumbría), de 17 anos, vén de conseguir unha das tres plazas para representar a España nos Campionatos do Mundo Junior que terán lugar na cidade italiana de Ivrea este verán. O logro de Lorena trascende máis aló do piragüismo, posto que é a primeira depostista formada na Costa da Morte que acada a internacionalidade nunha modalidade deportiva olimpica.

Unha final de infarto

As probas selectivas se desenvolveron esta pasada fin de semana con sendas competicións celebradas nas vilas de La Seu de Urgell e Ponts, en Lleirda. Lorena competía no terreo de varías das súas máis firmes rivais, e o primeiro obxetivo era salir con opcions da Canle Olimpica de La Seu de Urgell, e xogarse a plaza en Ponts, percorrido en teoría máis neutral e máis favorable á deportista costeira. Saíu de La Seu cun magnifico segundo posto e un quinto, que lle permitían manter intactas tódalas suas opcións, posto que contaban as tres mellores mangas de catro. O sábado en Ponts a primeira manga non foi coma era era esperado, e Lorena caiu o decimopriméiro posto. Todo había que xogalo a unha carta. A última manga sería a que lle daría a clasificación con outro fantastico segundo posto que lle otorgaba o terceiro dos pasaportes para acudir os Campeonatos do Mundo por detrás da súa compañeira no CGT Ainhoa Barreiro e a vasca Xanet Etxarri.

Jorge Quintáns, polo Europeo

Pola súa banda Jorge Quintáns, a quen todas as quinielas lle daban un posto fixo para os Campeonatos do Mundo non puido disputar os selectivos debido a non cumplir cos criterios dos selectivos, pero tendo claro que agora o seu obxetivo está o conseguir a plaza para os Campeonatos de Europa nos Campeonatos de España no mes de agosto.

7 anos de padexeira

Lorena entrou no club nun programa de captación do CDM Piragüismo Dumbría no verán do ano 2010 e dende aquela empezou a ter unha andaina moi destacada nas probas autonómicas primeiro, e logo nas nacionais, que a levaron a ser medalla de bronce nos Campionatos de España infanitles do 2015 en Sabero, e bronce nos Campeonatos de España Cadetes de Sort en 2016. Becada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra dende o ano 2015, Lorena estrenará rango de internacional no seu primeiro ano coma xuvenil.

Novas da tempada

Novas da tempada pasada

Artigos relacionados

Fonte

  • Piragüismo Dumbría.

Comentarios